|
sábado, 04 de abril do 2009 |
|
Continuamos percorrendo Europa da man do fotógrafo Marcos Rodríguez. Se a semana pasada visitábamos Amberes, hoxe imos ata unha das cidades máis completas do continente. Roma abrangue todo. Unha cidade aberta, como di a película de Rosselini, unha cidade na todo é posible. Paseando con Marcos imos descubrindo as súas marabillas, pero tamén algunha das súas miserias. Non perdamos ollo. Estas dúas non precisan explicación, o Coliseo pola noite, impresionante. 

E que imos dicir da Fontana de Trevi. 
Unha escena nocturna do barrio de Trastevere. 
E varias escenas costumistas, unhas máis agradables cas outras. 

Máis información
|