|

Eolo e Poseidón puxéronse do lado da poesía. Nunha preciosa tarde de domingo, o poeta fisterrán Modesto Fraga presentou a reedición do seu libro Mar de Ausencias. E o fixo dun xeito moi emotivo e singular, cheo de simbolismo, no que os náufragos e as xentes do mar, foron, por unha vez, os protagonistas. É este o xeito que ten Modesto de darlle as gracias á súa Fisterra, ao que tanto debe, e como A presentación transcorreu a bordo do barco María Elena, cedido pola empresa Cruceros Fisterra (www.crucerosfisterra.com), nunha "singradura máis poética que mariñeira" por unha vez, como sinalou Modesto. A embarcación surcou os lugares polos que transcorren as súas poesías, e que foron cartografiadas gracias á axuda de Javier Campaña (abaixo escoitando a Modesto), que tamén leu unhas palabras moi emotivas. Participaron igualmente coas súas verbas e lendo algún dos poemas do libro, persoas achegadas a Modesto coma Carlos Giménez ou Lola (lendo un poema na última imaxe), a propia tía de Modesto, e filla doutro náufrago. Falou tamén Roberto Traba Velay, que felicitou ao poeta polo seu talento, por ter conseguido pasar "de taberneiro a poeta", e, sobre todo, pola súa fisterranía. Homenaxe floral Entre poema e poema, o Maria Elena surcou as augas da ría de Fisterra, dende as Lobeiras ata a Centoleira, baixo o Promontorio Nerium, e xusto no lugar onde fai 47 anos naufragaba o Isleña. Un dos supervivintes dese tráxinco suceso, Moncho de Liñares (abaixo), "cerrou a estribor" para situarnos no mesmo punto do naufraxio. Un naufraxio no que morreron 3 mariñeiros, mentres que os outros 4 puideron salvar a vida gracias as axudas dos patróns do II Choupiña e do Lorchiño. "Voltaron coma peixiños", dicían os familiares. Aló embaixo do cemiterio de César Portela, na Centoleira, chegou o punto que culminaba a homenaxe. Os familiares dos náufragos do Bonito, do Isleña e do Begoña, procederon á homenaxe entregando un ramo de rosas ao mar. Un monumento para os náufragos Aproveitando a presencia de representantes de todos os grupos políticos de Fisterra, Modesto quixo instar á corporación municipal a construir un monumento en homenaxe aos mortos do mar de Fisterra e da Costa da Morte. Modesto quixo, deste xeito, que o acto non ficase nun simple acto emotivo, senón que sirva de semente para que Fisterra por fin recoñeza o mar como parte das nosas vidas. Aló estaba o concelleiro de Cultura, Santiago Insua, quen deu toda a razón ao poeta, e comprometeuse, ante máis do medio centenar de tripulantes, a facer o posible para crear un símbolo para os náufragos. Fisterra Baixo os faldóns do Promontorio Nerium, Modesto Fraga fai lectura do seu poema "Fisterra", como vemos e escoitamos por riba do bruar do barco no vídeo.
Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|