Xoves, 11 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
En marcha o proxecto "Pindo Mariño"  Correo-e
lunes, 06 de abril do 2009

Continúa crecendo e artellando novas iniciativas a Confraría de Pescadores do Pindo. Hoxe presenta o novedoso proxecto "Pindo Mariño". Logo de moitos meses de arduo traballo, o proxecto xa está en marcha. O proxecto pretende recuperar e divulgar a tradición e cultura mariñeira, devolvendo a dignidade á profesión de mariñeiro. O proxecto inclúe diversas actividades, dende roteiros a pé e marítimos, pasando por obradoiros temáticos.

Moi importantes son estas labouras de recoñecimento e dignificación da profesión de mariñeiro, nestes tempos nos que a mocidade non ven na mar unha boa saída. Aí están as confraría de Fisterra, de Laxe, de Lira recibindo axudas para promover a dignificación dunha profesión vital para entender a indiosincrasia galega.

Este proxecto comenzará a funcionar en breve e será un gran impulso turístico non só para a Confraría de pescadores senón para todo o Concello de Carnota, e dará a coñecer os recursos cos que contamos mostrando, á sociedade en xeral, o mundo do mar e o que se desenvolve en torno a él dun xeito diferente.

Obxectivos do Pindo MariñoImage

A Confraría márcase uns obxectivos principais claro, dos que se pode destacar:

  • A transmisión dos saberes tradicionais do mundo mariñeiro á sociedade, especialmente ás novas xeracións.
  • Promoción da pesca responsable.
  • A rehabilitación de antigos espazos e instalacións adicadas á pesca e á transformación dos productos do mar.
  • A recuperación dos sistemas tradicionais de conservación de productos do mar propios da zona, tales como salazón ou curado.
  • A posta en marcha de roteiros interpretativos por terra, a fin de coñecer o patrimonio natural e marítimo da nosa comunidade.
  • Promoción do senderismo tradicional.
  • Actividades

    O programa que se pretende poñer en marcha con esta iniciativa consta dun conxunto de actividades que se implantarán ó longo de varias fases. Estas actividades son as que se enumeran a continuación:

    • 1. Deseño e implantación de diferentes roteiros a pé.
    • 2. Obradoiros temáticos, como son: o de nós mariñeiros, de pesca responsable, de elaboración de sardiñas curadas ou de consumo de peixe e mariscos.
    • 3. Plan de recuperación do proceso de elaboración de sardiñas curadas.

    Roteiros

    Os roteiros interpretativos que se van realizar dende a Confraría de Pescadores serán os seguintes:

    • Roteiro de Caldebarcos: O seu obxectivo é dar a coñecer o entorno natural e socioeconómico da Praia de Caldebarcos e da Berberecheira. Nel poderemos ver o sistema dunar da praia de Caldebarcos, a súa flora e a fauna características; o antigo almacén de salazón e as casetas de pescadores rehabilitadas; así como a actividade marisqueira na Berberecheira, característica do marisqueo da zona, especies, sistemas de recolección e artes de marisqueo.
    • Roterio do Fornelo: O entorno paisaxístico deste roteiro é pouco coñecido, incluso para grande parte da poboación local. Nel visitaremos a Praia do Fornelo, o antigo peirao, as furnas, a antiga fábrica de salazón, veremos as marcas de enfilación e as marismas de San Pedro, así como tamén contaremos antigas historias de marinos e naufraxios.
    • Roteiro do Porto de Quilmas: A súa finalidade é coñecer o entorno natural e socioeconómico do Porto de Quilmas, así como as diferentes actividades de pesca e transformación de productos do mar ligadas a este porto. Dentro do contido deste roteiro, cabe destacar o porto e o peirao naturais, as antigas instalacións ligadas á actividade pesqueira e marisqueira, as casetas de pescadores, a antiga fábrica de salazón, a boleira e a praia de Corna Becerra, e os secadoiros de argazo.

    Inscricións

    Para axudar a desenvolver estas actividades de turismo mariñeiro a confraría oferta unha praza, a media xornada. As persoas interesadas deberán coñecer o sector pesqueiro e marisqueiro e o funcionamento dunha confraría a nivel básico. Así mesmo deberán posuír estudios medios/altos e ter carné de conducir con vehículo propio, a poder ser. Tamén se terá en conta: coñecementos de inglés, coñecemento de informática e novas tecnologías, e experencia en traballos similares.

    As persoas interesadas poden presentar o CV no Pindo s/n 15296- Carnota, na sede da confraría, no teléfono/fax 981 76 48 15 ou no e-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver A data límite de recepción é ata o 20 de abril de 2009.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa da Confraría do Pindo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com