|
Xa deron comezo as actividades da Semana Santa do Concello de Laxe. Unhas actividades que se desenvolverán tamén este martes e este mércores, con divertidos talleres para nenos e maiores. Foi este pasado domingo de Ramos, cando se celebrou na Igrexa de Sta. María da Atalaia de Laxe un concerto de música relixiosa a cargo do Grupo Magnificant. Participiparon do concerto a soprano Alba López, recente gañadora do II Concurso de Xoves Intérpretes do Circo de Artesanos da Coruña; o tenor Pablo Carballido, profesor de Canto da Escola Municipal de Música da Coruña; o barítono Antón de Santiago, director artístico do grupo e responsable da cátedra de Canto do Conservatorio Superior da Coruña; e Alexis Diez, pianista, profesora da Escola Municipal de Música de A Coruña. Míticos relixiosos como “Réquiem”, de Gabriel Faurè, “Stabat Mater” de Pergolesi, “Stabat Mater”, de Boccherini, encandilaron aos presentes. Pero non paran as actividades: Martes 7 de abril Obradoiro de Malabares e Circo, na Praza dos Voluntarios, de 11 a 13 horas: obradoiro aberto a partires dos 6 anos en adiante, onde poderemos crear os nons instrumentos de malabares e aprender os xogos básicos para desfrutar deles. Mércores 8 de abril, Cine: Indiana Jones y el Reino de la Calavera de Cristal, ás 22 horas no Patio Cuberto de Parvulitos: poderemos ver a última aventura da saga deste arquéolo aventureiro, aberto a todos os públicos. Máis información Tamén abrirá a caseta de Información Turística, situada no paseo marítimo de Laxe, todos os días da Semana Santa co seguinte horario: de luns a sábado de 11 a 14 horas e de 16:30 a 19:30 horas e o domingo de 11 a 14 horas. Novas relacionadas Outras citas para a Semana Santa Fonte - Nota de prensa da Concellería de Benestar Social, Cultura, e Protección Civil do Concello de Laxe.
|