Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Pola mellora da sinalización da Costa da Morte  Correo-e
miércoles, 08 de abril do 2009

Image

Unha das grandes lacras da nosa bisbarra é a sinalización. Pero non só dentro da propia bisbarra, onde atopar un monumento cultural ou natural supón toda unha odisea. Un dos meirandes problemas é a sinalización dende as cidades galegas. Sobre todo as saídas de Santiago de Compostela e da Coruña debería contar cun cartel enorme que indicase COSTA DA MORTE, e ben grande.

Un sae dende Santiago, e ten que adiviñar que para achegarse á Costa hai que tirar cara Negreira. Dende Coruña, o mesmo, collemos por inercia a estrada de Carballo, pero non hai sinalización de Fisterra (que é o punto final da estrada e debería estar sinalizado) nin, moito menos, Costa da Morte. E quen non coñeza o país, a indicación Carballo non supón nada distinto de Cambre.

Topónimo "Costa da Morte"

A Asociación supramunicipal Neria vai solicitar ás administracións galegas a incorporación de sinais co topónimo "Costa da Morte" nas principais estradas de saída das cidades galegas. A proposta da Neria incluiría sinais nas saídas das cidades para que logo, cando "cheguen a Baio (Zas) ou a Baíñas (Vimianzo) e desde aí xa se sinalizaría independentemente cada municipio".

Esta medida serviría para promocionar as feiras internacionais que se realizan na nosa bisbarra, como a XIX Mostra do Encaixe de Camariñas.

Tren

Pero non paran aí as peticións da Neria, que lembra a promesa de Alberto Núñez Feijoó de recuperar o proxecto das 3C. TRátase dun proxecto centenario que uniría por medio do ferroacarril as vilas de A Coruña, Carballo e Corcubión, promovido fai máis de 100 anos polo corcubionés Pepe Miñóns.

Moitas carencias a un ano do XacobeoImage

Son moitas as carencias en materia de sinalización na Costa da Morte. Falan os peregrinos, e contan que o único tramo no que se perderon foi na nosa bisbarra. Unha lacra que vai máis alá de carencias básicas, como un carril para o peregrino peatón e ciclista, na estrada que sobe ata o faro Fisterra.

Como esta son moitas as insuficientes infraestruturas para acoller aos turistas, sen lembrarnos que temos no Cabo Fisterra o segundo punto máis visitado de toda Galicia. Pero todas estas cousas semellan que, a menos dun ano para Xacobeo, non son importantes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • El Correo Gallego: Neria pide que Costa da Morte se señalice desde las ciudades gallegas .
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com