|
Hoxe atopamos na rede a opinión da bióloga Amanda del Río, da Fundación Balnature, sobre o proxecto de rexeneración da praia de Camelle. Amanda pon razóns e pon datos sobre as cales se vai levar a cabo outra nova transformación do litoral galego. Se ben a praia ten unha "alta potencialidade turística para su uso lúdico debido a la tranquilidad de sus aguas", o custe (o investimento total superará os 930.000 euros) e as consecuencias medioambientais non aconsellan levar a cabo o proxecto. Rexenerar con áridos A rexeneración da praia camellá suporía a criba duns 42.920 metros cúbicos de area (cribar a area que supere os 2 milímetros de grosor e substituíla por materiais de canteira de menos 0,6 milímetros), para engadir despois, a base de camións, outros 9.500 metros cúbicos. Amanda fai un inciso sobre as rexeneracións a base de áridos dos cauces dos ríos ou dos fondos mariños, como se pretendía facer coa praia do Canido (Malpica), extraendo areas da zona da Seiruga. Felizmente, e gracias á presión do pobo de Barizo, o pleno aprobou evitar tal extracción. Un exemplo que poderán seguir os veciños de Camelle se é que queren evitar a rexeneración da praia. Tamén critica a fórmula da cuña de formigón nos fondos mariños, por intrusa e perxudicial para os ecosistemas mariños. Posibles solucións As posibles solucións poden pasar por protexer as dunas, conservar a vexetación mariña ou establecer unha moratoria na construción de barreiras físicas para a deposición da area, como son os novos portos deportivos, ou os paseos marítimos que aprisionan a area baixo o formigón. Nesta serie de solución sustentables non encadra a incorporación de materiales impactantes nos fondos mariños. Novas relacionadas Fonte
|