Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Semana Santa de cestería francesa en Cabana  Correo-e
jueves, 09 de abril do 2009

Image

A Semana Santa de Cabana chega marcada por dúas cousas. A primeira, os obradoiros de cestería. É sen dúbuda o concello cabanés o que máis está a traballar por recuperar unha tradición centenaria como é a cestería e os obradoiros de cestería, ademais de realizarse ao longo do ano para a poboación, tamén se fan nas datas sinaladas para chegar a máis e máis xente.

Así, esta longa ponte, dende onte e ata o sábado 11 de abril hai obradoiros de 16:00 a 20:00. Tamñen estará aberta a exposición das obras realizadas ao longo do ano nas aulas de cestería. Por outro lado está aberto o punto de información turística e se proxectará o DVD Naturalmente Cabana que realizou Omar Rabuñal.

Visita francesa

Esta fin de semana a comunidade cabanesa recibe unha visita moi especial. Continúa achegando mundos o irmandamento entre o concello de Cabana de Bergantiños e o concello francés de Treize-Septiers.

Chegan o venres 10 de abril e logo dun recibimento diante do Concello da delegación polos membros do Comité de Irmanamento (izado de bandeiras, pandeiretas) arredor das 13:00 procederase ao reparto de regalos e á presentación das familias que os acollerán. Pola tarde visita a Corme, á Virxe do Faro, ao Roncudo e á confraría de pescadores para ver un vídeo dos percebeiros.

Para o sábado os rapaces visitarán a Mostra do Encaixe de Camariñas e baixarán por Muxía ata o Faro Fisterra. É o domingo cando terá ligar a cerimonia oficial do Irmanamento, cun Concerto banda música “ Eduardo Pondal”. E agradndo un ano máis para que volvan outros rapaces a coñecer a Costa da Morte. A imaxe é do ano pasado.

Image 

Novas relacionadas

Outras citas para a Semana Santa

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com