doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Raigañas prepara a IV Foliada de Cerqueda  Correo-e
lunes, 13 de abril do 2009

Image

Xa queda pouco para unha das citas musicais máis representativas do no folclore. Será o 25 de abril, cando a partir da 22.30 da noite a Asociación Raigañas de Cerqueda organice, por cuarto ano consecutivo, a IV Foliada de Cerqueda. O lugar será o mesmo que os últimos anos, as Escolas de as Pozacas, en Cerqueda.

Cabe lembrar o éxito do ano pasado a asociación. O ano pasado xuntaronse unhas 400 persoas, que estiveron tocando, bailando, cantando ata altas horas da mañá, nin máis nin menos que ata as 7.30. Ademais, os asistentes agotaron as existencias e tamén agotamos as forzas de tanta festa.

Música e xantar

Haberá de todo, un despliegue de medios especatular, que permitirá desenvolver a festa baixo unha gran carpa, cun palco para que poidan subir tódalas persoas que queiran tocar, cantar, bailar ou calquera outra modalidade artística...

A asociación, como nos conta Mar Suárez, porá comida á disposicióin do público, i é que xa se sabe que non hai festa sen xantar. Haberá callos, empanada e tarta larpeira para cear, por un módico precio. Por suposto haberá tamén unha taberna para mollala palleta de vez en cando.

E o punto forte da festa, a música tradicional, contará con varios nomes de renome. Actuará o grupo de música tradicional "Media Ducia" formado por: Suso Moreira, Carlos Penedo, Ramiro de Peisaco, Selina Otero, Josecho Pallas e Víctor de Buño, todos eles músicos recoñecidos da Comarca de Bergantiños.

Tamén poderase disfrutar da presencia, se non hai imprevistos, de Manuel Pazos, o acordeonista de 85 anos de Merexo; as cantareiras vellas de Cerqueda; o grupo de Raíces Combinadas de Limiñoa; Ramón o gaiteiro de Cances co grupo "Quenmosqueira". Con todo, aló subirán ó escenario todos os que queiran tocar e cantar. Haberá un bo grupo de son, dirixido por Manolo Dourado, experto en música tradicional.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com