|
O Dolmen de Dombate recibíu máis de mil visitas durante a Semana Santa |
Correo-e
|
|
lunes, 13 de abril do 2009 |
|
Segue sendo o Dolmen de Dombate o monumento arqueolóxico máis visitado da Costa da Morte. Así, a representativa anta recibiu durante as pasadas vacacións de Semana Santa máis dun milleiro de visitantes. En total, foron 1.037 as persoas que visitaron o monumento megalítico de Cabana de Bergantiños entre o domingo 5 de abril e o domingo día 12. Procedencias Serven os estudios da Deputación para facer unha penquena análise sobre os visitantes da Costa da Morte ao longo desta Semana Santa. Probablemente a falta dun tempo máis agradecido provocou que a meirande parte dos visitantes, chegaran dende dentro do país, e mesmo de dentro da bisbarra. Así, algo máis dun 30% (376) proviñan de fóra de Galicia. Os restantes 661 visitantes foron galegos, sendo unha elevada porcentaxe deles provenientes da propia comarca. Segundo as estatísticas da empresa encargada das visitas organizadas ao dolmen, entre os visitantes do resto de España destacan sobre todo os turistas vascos e madrileños, mentres que se rexistraron poucas visitas de estranxeiros e a maioría deles foron visitas en grupo provenientes de Francia. Fonte - Nota de prensa do Gabinete de Prensa da Deputación da Coruña.
|