Venres, 03 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Elección Histórica da Costa da Morte  Correo-e
martes, 14 de abril do 2009

Teñen alma as terras? Teñen alma os ríos, as costas, os prados, os piñeirais e os outeiros? Como dicía a canción, a resposta está no vento. E o vento nos trae recordos, sucesos, guerras, marabillas, ...: HISTORIA. Esa é a alma das terras, a súa historia.

Dende corcubion.com e quepasanacosta.com queremos profundizar no espítiru da nosa terra, a Costa da Morte. E máis concretamente nas persoas que escribiron a súa historia, dende os seus comezos ata agora mesmo. Científicos, guerreiros, políticos, deportistas, inventores, artistas, benfeitores,... Pretendemos descubrir aos principais actores da película da nosa Costa. Seguramente son grandes e inmerecidos descoñecidos en moitos casos. Esta iniciativa didáctica axudará a reducir ese descoñecemento, ao tempo que servirá para determinar as personaxes máis importantes de cada concello e, nunha segunda fase, da Costa da Morte.

Etapas da elecciónImage

  • Os responsables das páxinas web citadas teñen elixidos un interlocutor cualificado (historiador, concelleiro de cultura, mestre, alcalde, ...) en cada un dos catorce concellos incluídos na páxina "quepasanacosta" (Cabana, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas). Este contacto será o que propoña os tres nomes das persoas (vivas ou mortas) máis destacadas na historia do municipio.
  • Unha vez se conte cos tres candidatos por concello, comezará nas páxinas "corcubion.com" e "quepasanacosta.com" a elección da personaxe máis sobranceira de cada municipio. Será unha votación aberta na rede, onde os internautas, e mesmo poderán propoñer nomes alternativos aos tres expostos. Estas suxerencias serán comunicadas ao colaborador de cada concello, quen valorará a a aposta. Por suposto, expoñeranse nas páxinas web as breves descricións dos candidatos para que todo o mundo poida facer unha axeitada avaliación sobre a súa importancia histórica. Esta votación municipal farase durante un mes.
  • Finalizada a votación, o primeiro de cada concello competirá contra os outros trece primeiros candidatos (un por concello). Esta segunda votación durará outro mes e non admitirá propostas alternativas. A persoa que obteña máis votos dos internautas será designada como o Primeiro Personaxe Histórico da Costa da Morte (votación popular). Pola súa banda, os catorce colaboradores da iniciativa votarán tamén entre os catorce finalistas (dando tres puntos ao primeiro, dous ao segundo e un punto ao terceiro, sen votar ao representante do seu concello). A persoa gañadora desta votación convertirase no Primeiro Personaxe Histórico da Costa da Morte (votación do xurado). Se houbese empate nesta segunda votación gañaría o candidato (dos empatados en primeiro lugar) con máis votos populares. Se houbese empate na primeira votación, o gañador seria o candidato con máis votos do xurado.

Elección Histórica da Costa da Morte

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com