Venres, 03 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Capítulo III: Chega Taboada  Correo-e
martes, 14 de abril do 2009

Corcubión decretara a alarma o 21 de marzo de 1809. Nese momento a capital da provincia, Santiago, achábase en poder dos franceses, así como as principais cidades e pobos de Galicia: Coruña, Mondoñedo, Tuy, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Noia, Camariñas e a vila de Muros que acababa de caer. Vigo que iniciaría a reconquista o 28 de marzo, estaba por aquel entón en mans inimigas. Nada se sabía do marqués da Romana, nin do seu exército que non aparecía por ningún sitio, ningún xefe, ningún grupo de militares aos que recorrer.

Don Manuel Taboada e Cotón, oficial do exercito, fuxiu de Muros de onde era o máximo responsable da súa defensa en pleno ataque francés. Embarcou nun patache portugués tratando de levar o diñeiro desa vila para que non caese en mans inimigas, aínda que non o conseguiu ao ser abordado por un grupo de veciños que llo arrebataron. Sen diñeiro e sen tropa, chegou ao Pindo acompañado do seu asesor o licenciado don Juan García, e alí decatouse do risco que corría Corcubión. Sen perdida de tempo embarcou novamente con destino a esta localidade.

Nada máis desembarcar en Corcubión solicitou reunirse de inmediato coa Xunta de Defensa. Recibido por esta, exhibiulles documentos don Bernardo González, "Cachamuiña" e do Excmo. Sr. Marqués da Romana nos que lle facultaba en toda a provincia de Santiago para organizar as alarmas, indicándolles que esa era a súa misión nesta xurisdición. A Xunta, unha vez comprobadas as credenciais, púxose á súa disposición e prestoulle todo tipo de atencións, aloxándoo na mellor pousada da vila.

Deliberacións

Ao día seguinte da súa chegada, Taboada volveu reunirse coa Xunta. Quería coñecer con detalle como tiñan organizada a alarma. Os membros da Xunta puxéronlle ao tanto de todos os pormenores, expóndolle as dificultades que terían que vencer. Durante todo o día discutiron longamente sobre vantaxes e inconvenientes. Todos eran conscientes de que os franceses, por medio de traidores e espías, debían de estar ao tanto do que estaba ocorrendo en Corcubión, dos seus movementos e preparativos. Sabían tamén como actuaban, que sen perdida de tempo destacaban a tropa, sufocaban de raíz a alarma e, en castigo saqueaban e queimaban o pobo onde se producía a rebelión, cometendo todo tipo de asasinatos co fin de escarmentar á poboación.

Alarma

A Xunta organizara a alarma fóra da vila, concretamente en Bermún, en campo raso e a unha distancia prudente, onde a comunicación era áxil e cómoda para recibir as ordes, tanto para exercer con prontitude canto se ordenase na remesa de tropa, como na intendencia e auxilio.

O afastamento da alarma considerábano menos arriscado para Corcubión, na falsa crenza de que se a localización transcendía ao inimigo e enviaba algunha partida para atacala, por mal que fosen as cousas pouco se perdía, podendo no peor dos casos baterse en retirada ou dispersarse. Crían que ocorrería todo o contrario se se instalaba a alarma dentro do pobo que quedaría exposto a ser incendiado, tallado e saqueado como a pasou a outros. De feito, no campamento de Bermún, xa estaba Caamaño instruíndo militarmente a un grupo guerrilleiros para adestralos contra un mais que probable ataque francés.

Coñecido o argumento, Taboada non o rexeitou, aínda que consideraba insuficiente a tropa da que se dispuña, polo que ordenou que, sen perdida de tempo, a Xunta redactase un detalle diario co que había de facer e que se ampliase a alarma, organizando a recruta nos pobos inmediatos.

Aquel mesmo día, pola tarde, volveu Taboada a reunirse coa Xunta, propondo agora que se modificasen os plans e que a alarma instalásese no mesmo Corcubión. Estableceuse entón unha agre e longa discusión, onde Taboada tratou de impor o seu criterio, chegando ata á ameaza. Con todo Lapido, presidente da Xunta, impuxo o seu proxecto de afastar a alarma da vila, cedendo a Taboada autoridade sobre un terzo do exército e abastecemento de racións de carne, pan, e viño. Fíxolle entrega tamén do almacén da pólvora e de todo o armamento de guerra no depositado. A Xunta mantíñase reunida todo o día e parte da noite, a estas reunións acudía Taboada tratando sempre de impor o seu ditame. Adoitaban aceptar as súas propostas, unicamente opúñanse á súa idea, na que persistía, de que se instalase a alarma dentro da localidade. O argumento seguía sendo o mesmo, que se se fracasaba podíase evitar que caese o rigor da guerra sobre a vila, como pasara en Muros e outros lugares.

Rumores

A medida que pasaban os días, o nerviosismo entre a poboación ía en aumento, os rumores eran moi contraditorios e coa vida cotiá totalmente trastornada pola gran actividade militar, algunhas persoas querían fuxir para refuxiarse nos montes levándose as súas pertenzas. Ante este estado de cousas, Taboada instou á Xunta para que ditase un bando prohibindo con todo rigor que ningún veciño sacase alfaias, mobles, documentos, nin outras cousas fóra da vila. Este bando cravouse na praza principal custodiado por dous soldados e fixo cumprilo por medio de partidas que percorrían as poboacións de Corcubión e Cee.

A actuación de don Manuel Taboada e Cotón sería moi contestada pola poboación.

  • Alejandro Lamas Costa.

Especial Bicentenario

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com