|
O Castelo de Vimianzo recibiu arredor de 5.000 visiitantes en Semana Santa |
Correo-e
|
|
miércoles, 15 de abril do 2009 |
|


A Mostra de Artesaníá en vivo do Castelo de Vimainzo rondou os 5.000 visitantes ao longo da Semana Santa. Segundo nos informa o concello os días con máis afluencia de público foi o venres e sábado Santo. Cabe destacar que a maioría dos visitantes eran galegos e de entre os do resto do estado destacan os madrileños e os cataláns, os cales se acercaron o castelo en varias excursións. En canto á Caseta de información turística do Concello achegáronse un total de 532 persoas. Un 68,42% dos visitantes procedían de Galicia, mentres que os procedentes do estado español eran o 28,20% e do resto dos países estranxeiros tan só eran 3,38% dos visitantes. A Mostra de artesanía en vivo continuará aberta as fins de semana e os festivos cun horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00a 18:30. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Departamento de Cultura do Concello de Vimianzo, da man de Rocío Andújar.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|