|

O Banco de Tempo do Concello de Zas comezará a intercambiar tempo en Maio mediante unha actividade grupal consistente nun curso de iniciación a técnicas de masaxe e terapias alternativas. Isabel Lagoa, veciña de Zas e unha das usuarias do Banco de Tempo, será a encargada de impartir este curso, no cal, por suposto, e seguindo a filosofía deste servizo, non mediará diñeiro algún e estará aberto tanto ós usuarios do banco como a toda aquela xente interesada. O curso constará de 5 talleres de hora e media e terá lugar no centro sociocultural de Zas os venres 8, 15, 22 e 29 de maio e 5 de xuño. Nel tocaranse diversos temas: aromaterapia, uso de arcillas, plantas medicinais, hidroterapia de pes, reiki... Os participantes poderán elixir se asistir en horario de 18:00 a 19:30 ou de 21:00 a 22:30. Difundindo
Entre mentres, a axente de Tempo segue dando a coñecer o banco entre os veciños para que a nadie lle resulte descoñecida esta iniciativa. Polo de agora xa recibiron a súa visita os alumnos dos distintos cursos que se están a impartir no Concello e os do obradoiro de emprego de Zas, así como a Asociación de veciños de Gándara. Aquí temos unhas imaxes por exempo, da reunión ca asociación de veciños de Gándara. Aló realizan actividades de bordado (a primeira de arriba), manualidades (a segunda), obradoiro (abaixo)... Así, a axente de tempo, Sonia Ramos, facía a correspondente visita para promocionar o banco e animar ás participantes a que compartan todos os seus saberes. 
Para os interesados As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo acudindo as oficiñas da planta baixa do Concello en horario de 9:00 a 15:00. O prazo de inscrición remata o 6 de maio. Para máis información acerca deste curso ou do Banco de Tempo poden chamar ó número de teléfono 981.708.303 e preguntar por Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas ou entrar no blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Novas relacionadas Máis información - Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte.
- Vimianzo: Para máis información poden chamar o número de teléfono 981.716.001 e preguntar por Laura Castiñeira Vilariño, Axente de Tempo do Concello de Vimianzo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Camariñas: Para máis información, poden chamar ao Teléfono: 981 737 00 en horario de luns a venres de 08:00h a 15:00h.
- Zas: Poden chamar o número de teléfono 981.708.303 e preguntar por Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas.
- Corcubión: Poden solicitar máis información no concello, en horario de mañá, preguntando pola Xestora dop Banco de Tempo, Marta Sanz, ou chamando ao 981 745 400.
- Cee: Poden pasar polo concello, no Departamento de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do Concello de Cee; ou ben chamando ao 981 745 100.
Máis novas Fonte - Nota de prensa da Axente de Tempo do Banco de Tempo do Concello de Zas, Sonia Ramos Leman.
|