Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Elección histórica da Costa da Morte: Cee  Correo-e
jueves, 16 de abril do 2009

Continuamos con esta singradura histórica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com. Esta iniciativa didáctica que pretende recuperar pedazos da nosa historia para traelos aos días de hoxe a través da rede. Recuperalos a base de nomes, a base daquelas persoas que foron claves no desenvolvemento de cada concello.

Se onte presentamos aos 3 personaxes que Alejandro Lamas elixíu para Corcubión, hoxe damos á volta á ría e ficamos en Cee. Tivemos a sorte de contactar con Víctor Castiñeira, historiador e agora técnico de cultura do concello ceense. Víctor, que estes días saca un especial do Bicentenario en La Voz de Galicia, trae unha verdadeira aposta forte. O seu primeiro candidato é unha persoa viva, i é que ata o de agora, e avanzando de todos os datos que xa temos recollidos, de seguro que o actual Ministro de Cultura vai ser un dos poucos.

Deixámosvos cos candidatos:

Francisco Caamaño Domínguez

Naceu o 8 de xaneiro de 1963 en Cee (A Coruña). Desde abril de 2008 e ata o seu nomeamento como Ministro de Xustiza ocupaba o cargo de secretario de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios.Image

  • Licenciado e doctor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor axudante e profesor titular de Dereito Constitucional en dita Universidade. En 1993 foi designado letrado do Tribunal Constitucional e en outubro de 2002 obtivo a praza de catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia.
  • En abril de 2004 foi designado secretario de Estado de Relacións coas Cortes.
  • Como profesor universitario, exerceu a docencia ordinaria de Dereito Constitucional e Dereito comunitario e autonómico. Ademáis, ten impartido numerosas conferencias, seminarios e cursos de doctorado e de postgrao, así como mestrías de especialización, tanto en Universidades como en outros centros públicos e privados sobre temas relativos a su especialidad.
  • Ten dirixido e participado en diversos programas de investigación, tanto nacionais como comunitarios, así como en programas de cooperación xurídica, principalmente con países centroamericanos. Producto desta actividade foi a súa especialización en temas de dereito parlamentario e xurisdición constitucional.

Fernando Blanco de Lema e Suárez Prieto (1796-1875)Image

Fernando Blanco de Lema naceu en Cee o 18 de Outubro de 1796. Cando contaba con menos dun ano de idade morreu o seu pai, de profesión sangrador (ciruxán), polo que a súa educación correu a cargo do seu tío e padriño Fernando Blanco Giance, cura de San Xoán de Mazaricos, ao que debeu as súas sólidas crenzas relixiosas.

No 1809 os franceses (Guerra da Independencia) matan ó seu padriño e arrasan a vila de Cee. A súa nai, viuva e con cinco fillos, decide envialos tres fillos varóns a Ferrol, e, dende alí, con só trece anos, Fernando Blanco de Lema emprende viaxe para Cuba.


O seu primeiro traballo na illa caribeña foi de dependente nunha tenda de ultramariños. Con trinta e tres anos decide adicarse ó negocio da ferretería, creando varias tendas na illa, e sendo este negocio a base da súa fortuna. Ademáis de ser posuidor de intereses e accións en bancos e en compañías de ferro, mantiña estreitas relacións comerciais cun curmán emigrado a Nova Iorque, o rico empresario Bartolomé Blanco. En varias cartas dirixidas ao seu curmán podemos descubrir un perfil humano que nos avanza o filántropo que máis tarde se revelaría: home afectuoso, preocupado polos seus parentes máis desfavorecidos, confirmándonos a fortaleza dos lazos que sempre mantivo coa súa localidade natal.

Pouco antes de morrer, o 2 de Abril de 1875, redactou o testamento. Nel ratifica as súas fortes conviccións relixiosas, asegura estar solteiro e sen fillos, e declara estar aloxado na casa de Regla da Silva, viuva que o cuidaría con esmero durante a enfermedade que poucos días despóis acabaría coa súa vida. No testamento expón a vontade de asignar certas cantidades á dúas sobriñas de Regla da Silva, a dous afillados e a dúas curmáns que tiña en España sen fortuna. Tamén se viron favorecidas no testamento a Real Casa de Beneficencia e Maternidade da Habana e a Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galicia.

Finalmente, o groso da súa fortuna (750.000 pesos de ouro) decide empregalos na construcción e mantemento dun Colexio de Primeira e Segunda Ensinanza na súa vila natal (Cee). Para levar a cabo esta misión nomea coma testamenteiros a Juan Álvarez Baldonedo e a Brígido Zavala, e coma apoderado en España é nomeado Vicente Vázquez Queipo, insigne científico lugués. Todos eles levaron a cabo, no medio dunha agre disputa xornalística e legal, o magno proxecto que determinaría o nacemento da Fundación. Fernando Blanco morreu en Cuba pouco despois de asinar este documento (5 de Abril de 1875), repousando as súas cinzas na capela do Colexio que mandara fundar.

O seu legado, de ampla repercusión na vida educativa, social e cultural de Cee e concellos da comarca é ben coñecida. Hoxe, o museo que leva o seu nome amósanos unha parte do que foi, sen dúbida un proxecto pioneiro no campo educativo na Galicia de finais do século XIX.

Domingo Antonio de Andrade (1639-1712)

Considerado como a principal figura no paso do clasicismo ó barroco en Galicia, a súa obra, durante os 40 años que estivo en activo, foi ampla e polifacética, pois abarcou a arte da talla e montaxe de retablos ademáis da arquitectura propiamente dita, e, dentro desta, traballou nos ámbitos religioxos, civís e militares.

As súas obras talladas en madeira, baldaquinos e retablos, foron como indagacións previas que logo influíron na súa propia arquitectura tanto na orde decorativa como na estructural.Image

  • 1639: Nace en Cee.
  • 1654-56: Estudia Artes e Cánones en Santiago.
  • 1662: Traballa na Catedral de Santiago.
  • 1666: Contrata o retablo da Capela Maior da Igexa de Cee.
  • 1669: Fai a planta para a restauración da igrexa de Salvaterra.
  • 1672: Aparellador maior da Catedral compostelana.
  • 1676: Mestre de obras, sucede a Peña de Toro. Comprométese a facer a Torre do Reloxio.
  • 1678: Obras de Sacristía da Catedral de Lugo e o baldquino do Mosteiro de Oseira.
  • 1679: Fai o baldaquino do altar do Sto. Cristo da Catedral de Ourense.
  • 1680: Remata a Torre do Reloxio da Catedral de Santiago.
  • 1683: Realiza varios traballos na Catedral de Lugo.
  • 1685: A Casa da Parra en Santiago.
  • 1687: Retablo da Capela Maior do Santo Domingo.
  • 1693: Retablo para a Cofradía de Animas de Cee. Fai obras de reedificación en Sto. Domingo de Bonaval: tres lenzos do claustro, fachada da portería é a célebre escaleira de caracol.
  • 1695: Publica o seu libro "Excelencias, Antigüedad y Nobleza de la Arquitectura".
  • 1699: Morre a súa dona Isabel de Arenas.
  • 1700: Acaba o Pórtico Real da Quintana, e o segundo corpo da Porto Santa. Foi ordenado presbítero.
  • 1707: Casa da Praza de Feijóo.
  • 1709: Casa da Conga, na Praza da Quintana.
  • 1712: 12 de novembro, morre en Santiago, sendo enterrado na catedral.

Colaborador

Víctor Manuel Castiñeira CastroImage

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), obtén o grao pola tese “Dinámica sociodemográfica del finisterre gallego, 1600-1860” (1996). Superados os estudios da especialidade en Historia Moderna, acada posteriormente os correspondentes á de Biblioteconomía e Documentación.

Conta cunha importante labor investigadora para a cal estudiou en diferentes arquivos: ademáis dos parroquiais de Santa María de Cee, San Marcos de Corcubión, Santa Eulalia de Brens, Santiago de Ameixenda, San Adrián de Toba, San Esteban de Lires, San Martín e San Vicente de Duio, cabe salientar a consulta de diferentes fondos documentais en Santiago (Arquivo Histórico da Universidade, Arquivo do Convento de San Pelayo, Arquivo Histórico Diocesano, Arquivo Histórico da Catedral de Santiago), A Coruña (Arquivo Histórico do Reino de Galicia) e Valladolid (Arquivo Xeral do Reino en Simancas).

Os seus estudios centránse na comarca de Fisterra (séculos XVI-XIX), aínda que tamén ten feito traballos de demografía histórica e emigración para o século XX, así como unha breve historia da Costa da Morte e unha importante colaboración na Historia de Cee, dirixida por Baldomero Cores. Participou con ponencias en diferentes congresos de historia e ten publicado artigos en varias e recoñecidas revistas, así como no xornal La Voz de Galicia. Ademáis é coautor con Alfredo Martín García do libro Dun finisterre a outro: a emigración galega á Patagonia (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, D.L.1999, 308 p); mentras que con Josefa Martínez realizou A Costa da Morte : apuntes para su historia (Asociación Neria, D.L. 2001, 72 p.).

Na actualidade ocupa o posto de Técnico de Cultura no Concello de Cee.

Elección Histórica da Costa da MorteImage

Novas relacionadas

Máis información

Especial dos 200 anos da invasión francesa na Costa da Morte por Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • corcubion.com.
  • Informacióm completa de Víctor Castiñeira Castro.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com