Seminarios filosóficos da Costa da Morte Outra demostración de ata onde está a chegar a Costa da Morte en materia de reflexión ocurrirá este sábado 18 de abril. Da man de Javi Turnes continúan en Corcubión os Seminarios de filosofía da Costa da Morte sobre o movemento Tiqqun. Será Miguel A. Quintanar, Profesor de Filosofía (Lugo), o que presenta a segunda xornada, máis crítica que a realizada por Ignacio Castro, sobre o libro Teoría do Bloom. A sesión será o sábado ás 11:00 na Casa da Cultura. Comida da Fía Organizada pola asociación Amigos do Liño este sábado terá a lugar a décimo quinta edición da Exaltación da Fía do Liño. Será no Palacio de Cristal e se agarda unha asisntecia de case medio millar de persoas. Comezará arredor da 13:30, cunha demostración de fiado, e logo xantar a base de truchas, migas de pan con chícharos, papas de arroz e patatas con bacalao. A firma Dolores Couceiro traerá modelos para un desfile de liño. Volta a maxia a Cee Para o sábado 18 Abril, e de volta cos Sábados en famili artellados polo concello de Cee, o Salón de Actos do Concello acolle ás 19.00 horas. unha nova xornada máxica. Será o mago CHRYSTIAN MAGIC o que nos conte as súas “HISTORIAS DE MAXIA”. A entrada será de 1.5 e 2.5 euros. As Historias de Maxia de Christian Magic. O Mago Chrystyan Magic comeza as súas andainas no mundo do espectáculo no ano 1997 como animador turístico e showman, rodaxe que o converteu nun mestre de cerimonias todo terreo a quen so lle faltaba estrearse na que sempre fora a súa grande ilusión: o mundo da maxia. É no ano 2000 cando, tras moito traballo e non pouca dedicación ao longo dunha formación autodidacta, Chrystyan estrea o seu primeiro número de maxia en público no programa Tardes con Ana, na TVG. Dende entón dedícase a percorrer os escenarios galegos (e foráneos) enchéndoos co seu humor e maxia, sempre na compaña da súa axudante Sonya. Historias de Maxia é o novo espectáculo de maxia de escena para toda a familia cun elaborado guión no que a maxia, os contos e as historias entremezclanse cun fio de elegante comicidade que fará que todos viaxemos alén da ilusión e a fantasía. Maratón de Fútbol Sala polo San Xurxo de Camariñas Foron o camariñáns Rubén "O Rusiño" e Pedriño de Marisa, os que se encargaron de organizar este maratón de fútbol sala, que se desenvolverá na vila palilleira entre o sábado e o domingo. Final a catro de baloncesto feminino en Corcubión Este sábado 18 de abril, o Polideportivo Municipal de Cee acollerá a Final Zonal de Baloncesto en categoría Alevín Femenina. A xornada, estará organizada polo clube ACB Costa da Morte, en colaboración co Concello de Cee e o Clube de Baloncesto Xiria. O equipo da Costa, enfonrtarase aos Juventud Dubresa (Val do Dubra) e aos equipos carballeses Artai e Leyma EBX. s semifinais disputaranse ás 10:00h. e a final, entre os equipos gañadores, será ás 12:00h. Ao redor das 13:30h. celebrarase un pequeno acto de entrega de trofeos para todos os participantes. Carreira Pedestre da Costa da Morte Esta fin de semana terá lugar a III Carreira Pedestre da Costa da Morte Carballo acollerá esta terceira edición da Carreira Pedestre da Costa da Morte, organizada polo Grupo Correo Gallego. Será o domingo 19 de abril.
|