|
"É posible, pero vai para peor" Esta foi unhas das preguntas que debatiron os asistentes á charla-coloquio desenvolta onte no concello do Cee. Unha xornada organizada polo Comité de Solidariedade COSAL Costa da Morte, e que trouxo a Xabier Macías, da Fundación Galicia Sempre, para debatir sobre o "Alternativas do Movemento Altermundialista - Outro mundo é posible". A conclusión deixa máis ou menos clara a visión dos asistentes. Xabier Macías comezou falando de como os Movementos Antiglobalización finalizaron na formación do Foro Social Mundial, falando da presencia galega nestes e como determinou a creación do Foro Social Galego. Repasou ademais varias das ideas prantexadas no último Foro Social Mundial celebrado en Belem do Pará en xaneiro de 2009. A crise A crise foi un dos puntos claves, unha crise que, en palabras de Xabier, "a crise demostra o fracaso do modelo neoliberal". Neste sentido, Xabier apunta que nestes tempos o concepto "capitalismo" volve estar en entredito. Un sistema, logo de ser citricado dende os 60, nos últimos anos semellaba tan inherente que discutilo era case que estúpido. Xabier trouxo datos de como o mundo vaia cara atrás. Como aumenta e aumenta o número de nenos desnutridos en África, como se reduciu a esperanza de vida en 18 países os últimos 20 anos... Unha batería de datos do Banco Mundial que poñen os pelos de punta e que botan por terra todas as teses de desenvolvemento da humanidade. Horizontalidade e achegamento A horizontalidade destes foros, nos que todos os movementos sociais foi outros dos puntos nos que quixo facer fincapé Xabier. Isto da horizontalidade significa que todos os movementos sociais teñen que ter o mesmo peso e importancia. Pero peso o que deberín ter esta clase de debates na bisbarra. Carmen, da Asociación Feminista Buserana, prantexou a a dúbida sobre se estes debates deberían prantexarse dun xeito moito máis local para involucrar ás xentes da zona. "O debate xa é o inicio do cambio". A idea é clara: o que se poida cambiar no pequeno entorno de cada un xa é algo. Non hai que chegar a cambiar o mundo enteiro, senón que hai que comezar polo que temos ao noso lado. Carmen apuntou á volta ao Asociacionismo máis puro para chegar a poboación da Costa, que soe sentir allea esta clase de debates. Consumo Responsable Luis, un dos responsables de COSAL, e que vemos á esquerda de Xabier, abriu o debate se dalgún xeito estezs foros centran a súa actividade na mellora do consumo. O debate non deu para moito pero a idea prantexada será debatida nunhas xornadas o vindeiro 1 de maio. O día que se abre o II Maio Solidario de Corcubión, a primeira actividade será unha Xornada de Consumo Responsable, e contará con dúas cooperativas: a Cooperativa de Consumo Resposable Zocamiñoca da Coruña, e mais a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa de Quilmas. Institucionalización destes foros? Unha das preguntas claves do debate realizado foi arredor da idea que se prantexou no último Foro Social Mundial. A posibilidade de institucionar estes foros para levalos á practica na vida política mundial. A primeira pregunta chegou da man do filósofo Javi Turnes, quen tirando de ética deixou clara a súa postura. Non foi o único, xa que dende Carnota tamén deixaran clara as súas dúbidas sobre o feito de entrar na mesma roda que o propio foro critica. Alternativas Para rematar, Xabier deu unha batería de alternativas que prantexou o Foro. Unhas máis especifícas que outras, quedámonos coas menos abertas: - Anular as débedas dos países do sur.
- Crear unha Tasa internacional ás transaccións financieiras.
- Desmantelar os paraísos fiscais.
- Eliminar as Bases militares estranxeiras.
- Reformar as institucionais internacionais.
Tiqqun Outra demostración de ata onde está a chegar a Costa da Morte en materia de reflexión ocurrirá este sábado 18 de abril. Da man de Javi Turnes, colaborador desta casa e participante na charla de Cosal, continúan en Corcubión os Seminarios de filosofía da Costa da Morte sobre o movemento Tiqqun. Será Miguel A. Quintanar, Profesor de Filosofía (Lugo), o que presenta a segunda xornada, máis crítica que a realizada por Ignacio Castro, sobre o libro Teoría do Bloom. A sesión Será o sábado ás 11:00 na Casa da Cultura. Poden procurar máis información no blog quepasanacosta.com/tiqqun. Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|