Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Tiqqun, a proba nos Seminarios de Filosofía da Costa da Morte  Correo-e
lunes, 20 de abril do 2009

Image

Segunda xornada dos Seminarios de filosofía da Costa da Morte. A Casa da Cultura de Corcubión acolleu a segunda sesión das xornadas de reflexión sobre o movemento Tiqqun. Da man do organizador Javi Turnes, en colaboración coa Asociación Universidade Popular, foi o filósofo Miguel Ángel Quintanar (á esquerda de Turnes na imaxe de arriba) o que presentou unha visión algo máis escéptica sobre o movemento que está revolucionar a filosofía contemporánea.

Unhas 15 persoas chegadas de todas partes do país escoitaron e debatiron as propostas críticas da visión dun analista da filosofía. Continúan así estas xornadas facendo de Corcubión o centro da vangarda filosófica galega.

Miguel Ángel, fixo un análise teórico moi esquemático ao máis puro estilo científico (podedes ver a súa presentación en quepasanacosta.com/tiqqun), desgarrando en ideas o libro Teoría do Bloom. Comezaba por conceptos como Theoria ou "puro pensamento", para continuar analizando ao doble aparello de dominación, a a mandíblula dos dentes de serra: o biopoder e o espectáculo".

Saíu idea de como a sociedade capitalista actual crea necesidades, e fai que o Bloom viva para o seu coche. Así, o mesmo bloom esixe ao poder esas satisfaccións, esas necesidades, pensando que deste xeito é libre. Este modo do biopoder de modelar o espectáculo foi exemplificado cun caso claro, o subcomandante Marcos, e como o capitalismo adoptou ao seu fillo para calalo.

Máscara e bloom, bloom e máscara, quen é quen? A discusión pasou por esa necesidade de sumerxirse na sociedade do bloom, de camuflarse. Non tanto o asumir o fracaso, o convertirse nun refugallo á expensas das multinacionais.

ViolenciaImage

Aquí onde entrou en xogo a violencia, que non é máis que a "negación do fracaso", feito que fai dubidar ao propio Miguel A. sobre a viabilidade de crear unha comunidade a base de negación. Violencia foi un dos conceptos sobre o que transcorriu este repaso da segunda parte do libro Teoría do Bloom. Un libro que deixa evidencias dunha suposta apoloxía da violencia. Abofé que a marca unha clara apoloxía do crime, pero varias alusións directas a feitos reais como o 11S e as matanzas colectivas nos colexios estadouonidenses abren unha porta á crítica que se cadra eles mesmos queren provocar.

Volveu igualmente ao debate sobre o fascismo da filosofía Tiqqun. "É unha política asertiva ou profetismo?", preguntáronse os asistentes. Dúas vertentes claramante definidas no devir da charla. Se Miguel A. pregúntase se "estamos volvendo ao heroe que só pode ser auténtico na guerra", varios filósofos de nova xeración apuntan nesta única dirección viable, para conseguir cambiar as cousas.

A conclusión, con todo, e logo dun debate ben prolífico, é que a resistencia é posible. Que a creatividade, a loita contra o idiota, que o amor liberaranos. De tódolos xeitos, e unha das eivas que sinalan algún dos máis escépticos, é que non aporta ningunha alternativa realmente eficaz. Non é real o puro pensamento? non estamos xa a cambiar o mundo con esta clase de reflexións?

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com