Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Elección histórica da Costa da Morte: Muxía  Correo-e
lunes, 20 de abril do 2009

Continuamos con este repaso á historia da Costa da Morte. Esta Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com, trata de ser unha iniciativa meramente didáctica que recupera pedazos da nosa historia para traelos aos días de hoxe a través da rede. Un repaso a base de nomes, a base daquelas persoas que foron claves no desenvolvemento de cada concello.

Xa vimos os 3 finalistas de Corcubión e de Cee, Fisterra e Laxe. Hoxe visitamos, da man de Manuel Vilar, o concello de Muxía. Xa nos avisa Manuel Vilar, que a elección resultou máis que difícil.

Foi Manuel probablemente o máis sensible socialmente á hora de facer á súa selección. "Son moitas as persoas que poderían ter ese título, moitas anónimas que traballaron duro para que nós estemos aquí hoxe, desde os labregos aos mariñeiros, pasando polas mulleres que andaban quilómetros co peixe na cabeza e o fillo ao lombo". Así nos explica Manuel o difícil de elixir a 3 persoas de Muxía, sen poder engrandecer o nome daqueles anónimos que fixeron melloron a vida dos seus cohabitantes.

Así e todo, son estes 3 os sinalados por Manuel como os máis axeitados para participar nesta singradura.

Gonzalo López AbenteImage

Gonzalo López Abente nace en Muxía no ano 1878; aos dez anos vaise para Santiago a facer os estudos de bacharelato e cursar a carreira de dereito. Despois de viaxar por varios países europeos establécese na súa vila natal onde traballa nunha oficina bancaria.

López Abente participou nos movementos políticos e culturais do seu tempo, principalmente nas Irmandades da Fala, estando ao frente da que se constituíu en Muxía, á que representou nas Asambleas Nacionalistas. Colaborou en varias revistas e xornais: El Noroeste, A Nosa Terra, Nós, Rexurdimento, Ronsel, etc. Ao longo da súa vida publicou unha ducia de obras en distintos xéneros. Como exemplos dalgunhas delas podemos citar: “O deputado por Beiramar”(1919), “De Outono”(1924), “Buserana”(1925), “Nemancos”(1929), etc.

O seu traballo literario de Gonzalo López Abente merece tamén unha mención aparte do mesmo xeito de grande importancia. López Abente estaba emparentado por liña materna con Eduardo Pondal, xa que o poeta muxián era neto de Leandro Abente, médico desta vila e irmán da nai do bardo bergantiñán. Se Pondal foi o cantor da Terra de Bergantiños, López Abente foino da Terra de Nemancos.

Despois da súa morte, acontecida o 22 de xullo de 1963, publicáronse dous libros de poemas: “Decrúa” (Buenos Aires, 1966) e “Monza de frores bravas para a Nosa Señora da Barca”, libro publicado pola Real Academia Galega no ano 1971 co gallo de adicarlle o día das Letras Galegas.

Xervasio Paz Lestón

Xervasio Paz Lestón, poeta que emigrou de moi mozo a Bos Aires, importante pola súa poesía, pero tamén polo seu papel nas organizacións da emigración, na creación e participación no mantemento do ABC de Corcubión e da Sociedad Cultural del Distrito de Mugía. Mantivo viva a chama da nosa cultura no outro lado. ademais no negocio da súa familia encontrábanse os veciños de aquí.

Naceu no ano 1898, e viviu case que toda a súa vida en Arxentina, excepto uns oito meses que retornou á terra, en 1925. O seu traballo deparou uns cento oitenta e tres poemas en galego e castelán que foron publicados en diversas revistas como Alborada, Boletín, etc. E o que máis chama a atención é a gran cantidade de pseudónimos que utilizaba, talles como Xalleiro, Pau de Ferro, Nerio, Roxo de Porcar, Xulián de Moraime, Gundariño, etc.

Ramón CaamañoImage

Ramón Caamaño nace no ano 1908 en Muxía; fillo único, o seu pai, ao pouco tempo de nacer el, emigra a Cuba e México onde se dedica á venda de encaixe que a súa esposa envíalle desde Muxía. Grazas aos ingresos que o seu pai manda, a infancia de Ramón desenvólvese sen dificultades. Ao cumprir os oito anos o seu pai envíalle unha máquina de cine con algunha película, que proxectaba aos mozos de Muxía, a quen lles cobraba a entrada en alfinetes que logo vendía ás palilleras.

Ramón Caamaño é un dos fotógrafos máis míticos da historia da fotografía galega. que retratou boa parte da xente da cosa da morte e levou o cine ás vilas. Os seus retratos tamén cumpriron o papel de achegar as familias dun lado e do outro do Océano. Ademais creo que é un personaxe popular que non levantará estridencias. Grazas a este muxián as imaxes das xentes, das paisaxes e dos naufraxios da Costa da Morte estendéronse dentro e fóra da xeografía galega.

Outros

Aló quedaron sen poder pasar a esta final outra batería de nomes e de historias para dar e tomar. Como ben indica Manuel, o concello de Muxía trouxo grandes figuras ao mundo, como poden o poeta Victorino Abente, o regueifeiro Seixas de Aboi, chamado Celestino Sar, ou o o crego Pedro Lapido, que foi precisamente un un dos cabecillas contra os franceses hai 200 anos.

Colaborador: Manuel Vilar ÁlvarezImage

Manuel Vilar Álvarez, de Santa Mariña de Muxía, licenciado en Xeografía e Historia, doutoramento en Antropoloxía e Master en Xestión de Bens Culturais. Ten participado en varios proxectos de xestión, catalogación, documentación e difusión do patrimonio cultural e en varios congresos e publicado varios libros e artigos sobre temas de antropoloxía, arte e patrimonio cultural, e dos que aquí citamos uns exemplos. É membro do consello editor da revista ADRA que fan os socios do Museo do Pobo Galego e colaborado de medios como A Nosa Terra e La Voz de Galicia.

Unha das súas publicacións máis coñecidas é o Diccionario Xaquín Lorenzo "Xocas" (TresCtres editores, Santa Comba, 2004), pero ten unha longa lista de publicacións. dende o "Teóricos da arte" (Historia da Literatura Galega, ASPG, Vigo 1997), pasando por "A Costa da Morte. Guía e novela dun tempo ido" (Ed. Lea, Santiago, 1998. Tradución e notas a rodapé da novela de José Mas. En colaboración con H. Pose e X.M. Varela), "Os Faros da Costa da Morte" (Asociación Néria. 2001. (Coautor con X.Mª Lema Suárez) ata "O camiño Francés" (A Nosa Terra, Vigo, 2003.).

Das colaboracións en revistas especializadas, catálogos, actas de congresos ou capítulos en libros, mellor non falamos porque a lista sería infinita.

Elección Histórica da Costa da MorteImage

Elección histórica da Costa da Morte.

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Corcubión.com.
  • Fotografía de Ramón Caamaño do blog Olaia Sendón.
  • Fotografía de López Abente do Concello de Muxía.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com