Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
I Encontro Monte Pindo  Correo-e
martes, 21 de abril do 2009

Image

Da beleza e misticismo do Monte Pindo non hai que falar. Tan só disfrutalo e amosalo para que cada día sexan máis os que veñan a visitar á nosa bisbarra. Así o farán a comezos do mes de maio os integrantes da asociación de montañismo "Monte Coroña" de Xixón, e así o fixo o alpinista negreirés Rubén Suárez Carballo, que escalou o Océano do monte Pindo.

É extraño chegar ao Faro de Fisterra, por exemplo, e non saber que é ese enorme monte de granito roxo que hai aló enfronte. Os visitantes botan un ollo e con cara de estupefacción cambian de lado, porque ao non haber información, non debe ser un punto turístico de referencia.

É necesario que todas as oficinas de turismo da Costa da Morte teñan panfletos que promocionen as subidas á Moa. É necesario que se mellore a sinalización das rutas de subida, e que se ofreza información sobre as rutas que hai para subir ao cumio. É necesario darlle o protagonismo que merece nesta bisbarra.

E aí está a asociación ADRC PEDRAMAR do Pindo, que quere engrandecer a súa figura. En colaboración co Concello de Carnota, o Concello de Dumbria e a asociación Neria, está a organizar un encontro para afeccionados ó sendeirismo e á Costa da Morte.

As xornadas do I Encontro Monte Pindo se desenvolverán entre o 3 e o 5 de xullo, e as camiñatas e os bos xantares serán os protagonistas, ademais do monte. Abaixo podedes ver o programa.

As prazas son limitadas, e a data límite para inscribirse no Concello é o 20 de xuño. O prezo será de 60 euros por persoa ou 20 euros para as persoas que non fagan noite. Poden chamar ao concello de Carnota para inscribirse (981 85 70 32)

Nota de prensa da ADRC Pedramar do Pindo

I Encontro Monte Pindo (sendeirismo, historia, cultura, gastronomía, música)

Coa intención de seguir traballando por o desenvolvemento e desenrrolo do noso pobo e da bisbarra en xeral, os vindeiros 3, 4, e 5 de xullo organizamos o “I Encontro Monte Pindo – Senderismo , historia, musica e gastronomía da zona".

Dende a Asociacion pensamos que o noso monte e o activo máis grande que temos o cal nos ofrece: rutas senderistas, espectaculares vistas o fin da terra, historia , lendas etc…

Sendo estes os principales motivos da organización deste proxecto:

  • Poñer en coñecemento e que non caian no olvido a historia e lendas do noso monte.
  • Promocion do senderismo no Monte Pindo.
  • Potenciacion do Monte Pindo como patrimonio natural da nosa bisbarra.
  • Potenciacion do turismo no noso pobo e concello de Carnota.

Naturalmente as actividades a realizar son un reflexo do dito anteriormente.

Actividades programadas

  • Venres 3: apertura e benvida do encontro con pinchos , intervención do historiador e presidente da Real Academia da Lingua Galega D. Xosé Ramon Barreiro Fernadez e entrega de acreditacións para asistir as actividades.
  • Sabado 4: subida a Moa con guía (explicando a historia e lendas), picnic no cumio, ao baixar exposición fotografica (paraxes do Monte Pindo e da costa en xeral) e para rematar sardiñada, empanadas e queimada coa actuación dun grupo folk.
  • Domingo 5: saída pola maña coa visita ao Fornelo e logo cara o Ézaro para visitar o museo da electicidade, a fervenza e mirador. Clausura e despedida ao mediodía cunha comida na Casa de pedra do mesmo lugar.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com