Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Segunda xornada de Tiqqun  Correo-e
miércoles, 22 de abril do 2009

Falouse de novo de Tiqqun en costa da morte, que estou comezando a pensar que é máis ben un centro da morte. Pois ao cabo, chamalo costa da morte, ben mirado, supón referilo a unha excentricidade respecto da morte que estaría noutro sitio, e o que se quere dicir non é que aí hai unharelación especial coa finitiude? Dende logo, nos debates do tiqqun o lugar parece estar tendo unha influencia especial sobre o que se fala e se pensa. Nas dúas xornadas a mesma teima: a violencia, o desastre, a morte, o asasinato, o crime.

Todo elo, como poténcia do pensamento; acaso cabe comprendelo doutro xeito?

Aí xorde o problema, cando algúns insinúan que pensala morte e o crime en potencialidade ten algo de influencia de facto respecto do seu acto. Mais, non vén o acto do crime influido máis polo non-pensamento, pola inconsciencia, etc. que por unha capacidade íntegra do pensar? As pantasmas da finitude, alá onde o sol se agocha tralo mar, alá onde os solpores semella, que ninguén máis os presencia, onde xa non hai máis terra por-vir, siléncio, inmensidade, absoluto que rodea á terra, onde se dilúen as ánimas e as súas ansias por chegar máis lonxe... alí, na suposta fin do mundo, fálase da morte, e do asasinato, do crime, inevitablemente, centro da morte, poténcia da vida, horizonte aberto de pensamentos.

O profesor Miguel Anxo Quintanar de Lugo fixo unha magnçifica exposición, tremendo desprego, posta en marcha da máquina sintetica de pensamentos que podedes atopar no blog de corcubión. Sen moitas dificultades o profesor Quintanar sácanos un libriño explicativo do Tiqqun en edición tipo Baía ou Orto, que podería resultar ben interesante e útil. Image

  • Man_Hauser.

Máis información

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com