Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Detido un home de Camariñas sen carné que intentou agredir á Garda Civil  Correo-e
jueves, 23 de abril do 2009

A Garda Civil de Camariñas detivo o pasado luns a un home de 21 anos de idade como suposto autor dun delito contra a seguridade do tráfico e doutro de resistencia a axentes da Autoridade.

Así, eran as sete e media da tarde cando unha patrulla da Garda Civil procedía á identificación do usuario dun ciclomotor que circulaba pola localidade de Camariñas, comprobándose como esta persoa carecía de autorización administrativa para conducir este tipo de vehículos.

A resposta deste home á actuación policial non logrou outro fin que o de sumar un novo cargo na súa contra xa que, ante os insultos que proferiu aos gardas, aos que chegou a tratar de agredir, imputóuselle tamén a presunta comisión dun delito de resistencia.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Corcubión en funcións de garda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com