|
O Concello de Laxe conta cun Banco de Tempo dende o pasado mes de novembro. Nestes meses a Axente de Tempo, persoa responsable da medida, leva elaborando a normativa e os documentos necesarios para poder levar a cabo o bo funcionamento do Banco. Recordemos que esta nova é financiada pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. No último Pleno de Goberno, con fecha 13 deste mesmo mes, a corporación municipal de Laxe aprobou o Regulamento do Réxime Interno do Banco, dándolle a luz verde para poder comezar coa divulgación desta nova iniciativa. Primeira xuntanza
Con motivo de achegar o Banco de Tempo o máximo número de veciños, comezan as reunións informativas para presentar e explicar o funcionamento deste banco no municipio. A primeira xuntanza será cos presidentes/representantes das asociacións locais. A reunión será o vindeiro venres, día 24 de abril, as 20.00h na Sala de Sesións do Concello de Laxe. A intención deste reunión é de achegar o banco ás asociacións e comprobar coa colaboración dos asistentes, cómo poderían beneficiarse e implicarse as asociacións con esta nova iniciativa. Máis información e inscrición Para máis información contactar co teléfono 981 706 903 Ext.210, preguntando pola Axente de Tempo Elisa Cundíns Suárez ou enviando un correo a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Máis información - Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte.
- Vimianzo: Para máis información poden chamar o número de teléfono 981.716.001 e preguntar por Laura Castiñeira Vilariño, Axente de Tempo do Concello de Vimianzo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Camariñas: Para máis información, poden chamar ao Teléfono: 981 737 00 en horario de luns a venres de 08:00h a 15:00h.
- Zas: Poden chamar o número de teléfono 981.708.303 e preguntar por Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas.
- Corcubión: Poden solicitar máis información no concello, en horario de mañá, preguntando pola Xestora dop Banco de Tempo, Marta Sanz, ou chamando ao 981 745 400.
- Cee: Poden pasar polo concello, no Departamento de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do Concello de Cee; ou ben chamando ao 981 745 100.
Máis novas sobre os Bancos de Tempo da bisbarra Fonte - Nota de prensa do Banco de Tempo de Laxe.
|