Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Quilmas vive  Correo-e
viernes, 24 de abril do 2009

Image

O proxecto integral de recuperación da vida agrícola de Quilmas, Quilmas Vivo, continúa. A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa xa ten sementada, ademais de case que 20 hectáreas de terreo, o xerme do que pode ser o modelo de desenvolvemento que se podería exportar a outros centos de aldeas da bisbarra. Polo de pronto os 15 socios da cooperativa seguen facendo realidade o soño dun pobo, un pobo que quere trigo e non quere rodaballo.

Iso mesmo contábame a Lola, unha das señoras que traballan arreo diariamente. Aló baixan co sacho, e mais co tractor, a Lola, a Maruxa e a Xoana, día tras día para sementar, para sachar, para que a colleita vaia para arriba. Porque hai que lembrar que todo este proxecto, o proxecto Quilmas Vivo, naceu en protesta contra un Plan Acuícola que aínda está no aire.

Repaso

Facendo un breve repaso á historia do último ano por Quilmas, aló por marzo do pasado 2008, inmersos na loita contra o Plan Acuícola e contra a ampliación da piscifactoría de Quilmas, decidiron sumerxirse no mundo da agricultura ecolóxica, e comezaron coa cesión de terreos de todos os veciños da aldea para a Comunidade de Bens. A partir de aí, comezaron os traballos de planificación, sementeira e preparación dos terreos. Unha vez fundada a cooperativa, xa estaba todo en marcha. A ver quen se atreve a paralos agora a base de rodaballo...

Image 

Creando emprego

A día de hoxe, entre os 15 socios, son 5 os que se dedican puramente aso traballos da cooperativa, e que xa levan 15 hectáreas plantadas. Pódese ver na imaxe de arriba sacada dende as faldas do Monte Pindo, como a piscifactoría, a man dereita, queda sumerxida entre terras preparadas para traballar. Aínda non crea postos de traballo, é o seguinte paso pero para iso é necesario comezar a comercialización. Esta foi a primeira plantación, polo que aínda non hai volume de ventas para que os que agora traballan de balde, teñan dedicación remunerada. A día de hoxe, e como nos conta Lucía Ferreiro, a coordinadora do proxecto, "coas ventas de verdes, que son folla de camelias, loureiro, melaleuca... para ornamentación floral, xa poderíamos ter un traballador, pero agardamos para xa facer unha estrutura estable que cre emprego, que é do que se trata".

Aló está tamén Xosé Manuel Casais, presidente da cooperativa, e mais a Lola, a Maruxa e a Xoana, que cos seus marabillosos sombreiros de palla, e sempre con bo humor fan do traballo unha festa. Cóntanos Lucía que xa estaban afeitas a estes traballos conxuntos: "elas levan toda a vida axudándose a colleitar, a sementar... polo que xa están afeitas ao traballo en grupo". Dá gusto velas.

Xa plantadoImage

Entre elas levan, como dicimos 15 hectáreas plantadas, e aínda quedan polo menos outras 5 preparadas para sementar. Hai 400 froiteiras, 200 castiñeiros e 1.500 esparragueiras, agardando ser plantadas e todo o que xa teñen plantado non ten nome:

  • 1 hectárea de patacas con liño ao redor, cumplindo un dos trucos da agricultura ecolóxica e tradicional, o asociacionismo de verduras;
  • 4,5 ha de trigo (na imaxe de abaixo),
  • 1 ha de centeo;
  • 200 froiteiras (maceiras, pereiras, grosellas...)
  • escarola, achicoria, alcachofas, chícharos, allos con fresas, cebolas, cabacíns, porros, remolachas, tirabeques, fiunchos, espinacas...

Os traballos necesarios implican tamén unha renovación de infraestruturas. Están traballando no sistema de goteo para o invernadoiro (á dereita), no que están os semilleiros, ademais da escarola e da achicoria polo de agora. Ademais a cooperativa puido facerse con boa maquinaria gracias as axudas da Consellería de Medio Rural, da que non teñen queixa. Unha biotrituradora e un tractor son as últimas adquisicións. Aquí vemos o trigo.

Image 

Xornadas de voluntariado

Unha das actividades novedosas, moi exitosas nas cidades galegas, son as xornadas de voluntariado que organizan a través de Adega ou por medios propios. Xa foron dúas veces unha ducia de voluntarios a traballar o campo unha fin de semana. A cambio, as mestras fan unha boa comida e mesmo acollen na casa aos labregos de fin de semana.

Image 

Unha erasmus en Quilmas

Por medio de Adega e da Universidade de Santiago de Compostela, unha estudiante alemana de Enxeñeira Ambiental, vai facer ás súas "prácticas de empresa" a Quilmas, encadrado no programa Erasmus. Dende a Cooperativa, con Lucía Ferreiro Fernández á cabeza, xa enfocaron a súa chegada, para que pase os 5 meses optimizando os recursos e estudiando melloras na compostaxe (facer humus), aproveitamento da auga e enerxías renovables.

II Maio Solidario

Entre as actividades que teñen preparadas dende a Cooperativa está a súa participación nas Xornadas de Consumo Responsable do II Maio Solidario de Corcubión, que artella a Asociación Universidade Popular de Corcubión.

Nas xornadas participará a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca da Coruña, e varias das mulleres que baixan cos seus produtos ao mercado de Cee cada domingo, alén da Raíña Lupa. A idea ademais, é que a Raíña Lupa, que está buscando clientes para ir sacando os seus produtos ao mercado, poida establecer unha relación comercial coa Zocamiñoca, para que os consumidores responsables da cidade herculina teñan produtos de primeira calidade e completamente ecolóxicos chegados dende Quilmas.

A xornada terá lugar o día da presentación do II Maio Solidario, o venres 1 de maio de 2009, a partir das 19:00 no Cárcere Vello de Corcubión.

A fin de semana completarase cunha desas xornadas de voluntariado. Os socios da Cooperativa de consumo pasarán a mañá do sábado 2 de maio traballando os terreos de Quilmas, aló a carón da vella piscifactoría...

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com