|
Os empresarios de Ponteceso aprenden informática e as mulleres, inglés |
Correo-e
|
|
viernes, 24 de abril do 2009 |
|

Ao longo deset mes, o local da Asociación de Empresarios de Ponteceso, acolle un curso de Informática cos contidos de Word e PowerPoint, dirixido ós comerciantes (donos e empregados) de Ponteceso e Cabana. Dito curso, organizado por dita Asociación e impartido por Academia Naranco, estase a realizar con gran aproveitamento e os alumnos xa están solicitando que se faga unha continuación.  Curso de inglés para mulleres O Concello de Ponteceso organiza un Curso de iniciación ao inglés para mulleres, sen límite idade. O curso comezará o 5 de maio, e terá unha duración de dous meses, maio e xuño, 3 días semanais (martes, mércores e xoves), tres horas diarias, polas tardes. Todas as mulleres interesadas poden apuntarse nas oficinas xerais do Concello de 09:00h a 14:00h, Oficina Municipal en Corme, no mesmo horario, Oficina de Información Xuvenil ou a través de internet, na plataforma P.A.D. Novas relacionadas Fonte
|