|
Camariñas comparte a cociña |
Correo-e
|
|
viernes, 24 de abril do 2009 |
|
A hostelería en Camariñas está calando forte. Aldea Madeira está influindo e de que xeito, que ata os socios e socias do Banco de Tempo van comezar as activiades grupais con obradoiro de cociña, que se desenvolverá precisamente nas instalacións de Aldea Madeira. Así, estes intercambios de servizos pretenden fomentar a conciliación da vida laboral e familiar ademáis dos valores de cooperación e comunicación. Este obradoiro de cociña busca que todas as persoas participantes poidan ofrecer os seus coñecementos gastronómicos e ó mesmo tempo recibir as pautas para a elaboración de diversos platos. A iniciativa é gratuita e está aberta a todas as persoas maiores de idade do Concello, o único requisito para participar é inscibirse como usuario/a do Banco de Tempo e ter algún coñecemento culinario que ofrecer. Neste intercambio poderemos aprender a realizar platos de outros países, como por exemplo cuscús, así como outros de distintas rexións de España. Máis información e inscricións - Lugar: Casa de Pedra de Camariñas
- Teléfono: 981 737 004
- Horario: de luns a venres de 08:00h a 15:00h
- Persoa de contacto: Irene Espasandín Bermúdez
Máis información - Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte.
- Vimianzo: Para máis información poden chamar o número de teléfono 981.716.001 e preguntar por Laura Castiñeira Vilariño, Axente de Tempo do Concello de Vimianzo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Camariñas: Para máis información, poden chamar ao Teléfono: 981 737 00 en horario de luns a venres de 08:00h a 15:00h.
- Zas: Poden chamar o número de teléfono 981.708.303 e preguntar por Sonia Ramos Lema, Axente de Tempo do Concello de Zas.
- Corcubión: Poden solicitar máis información no concello, en horario de mañá, preguntando pola Xestora dop Banco de Tempo, Marta Sanz, ou chamando ao 981 745 400.
- Cee: Poden pasar polo concello, no Departamento de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do Concello de Cee; ou ben chamando ao 981 745 100.
- Laxe: Para máis información contactar co teléfono 981 706 903 Ext.210, preguntando pola Axente de Tempo Elisa Cundíns Suárez ou enviando un correo a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Máis novas sobre os Bancos de Tempo da bisbarra Novas de Camariñas Fonte - Nota de prensa do Banco de Tempo de Camariñas.
|