sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Falsas apariencias  Correo-e
viernes, 24 de abril do 2009

O cambio de goberno está a facer saír a superficie unha serie de actitudes, de comportamentos e de “vicios” chamémoslle así, que denotan un grande descoñecemento da realidade política, do feito político en si, e do xeito no que as cousas deberían fluír na relación entre cidadanía e mandatarios.

Das miñas conversas con varias persoas relacionadas con BNG e SOE, os dous grandes derrotados, extraio un par de conceptos que me parece sería importante ter en conta, por exemplo, agora que estas dúas formacións deben elixir a aqueles que recompoñan a situación e ofrezan un novo plantexamento a cidadanía galega. Por orde;

  • 1º- Son os políticos, de calquera formación, na administración publica os que traballan para o cidadán, non o revés. Fágano ben ou mal, sexa a súa labor adecuada ou non, o “cliente” é o cidadán. É o cidadán quen decide, adecuada ou erradamente, quen quere que o mande, é o cidadán quen castiga, con razón ou sen razón, quen pon e quen quita e calquera dubida sobre isto é un modo como outro calquera de poñer un cravo mais o ataúde dun proxecto político.
  • 2º- Baixo esta mesma premisa, si a cidadanía dun pais recibe informacións falsas ou erróneas en campaña electoral, e en base a esas informacións, de xeito nada analítico e decididamente suicida, acorda denegar o seu apoio a esas dúas forzas políticas o fai dende o seu dereito a facelo, e calquera discusión sobre as razóns que levan a esa cidadanía a renunciar a ese apoio é banal e estúpido.
  • 3º- Cando se produce unha debacle do calibre da sufrida o pasado un de Marzo o digno en política, case o regulamentario na miña opinión, debería ser a dimisión non só do cabeza de cartel senón tamén dos seus máis próximos colaboradores e dos cargos mais significados. Porque si non se ofrece unha sensación de renovación clara, senón se manifesta en publico que a dirección adoitada cando se estivo a fronte do goberno foi equivocada a algún dos mais decepcionados con esa acción de goberno podería darlle a sensación de que o que parecían dous partidos de esquerda e de esquerda nacionalista, non son mais que outros dous depósitos de politicastros de terceira, mais preocupados polo seu patrimonio persoal que pola defensa dunhas ideas e dun proxecto.

Por último, gustaríame dicir que considero importante a rapidez coa que SOE e BNG se puxeron as pilas de cara a facer real esa renovación, pero non. Esta fin de semana os socialistas escenificaran, se nada o impide, o relevo na cabeza do partido, de Touriño a Pepe Blanco, pasando por Patxi Vazquez. Só o BNG, con Beiras como sempre a cabeza, e cun debate de fondo sobre quen manda realmente no partido, parecen dispostos a facernos entretida a súa asemblea nacional. Agardemos que non se trate, nos dous casos, de pura teatralidade, sen máis fin que o mercantilismo de persoas. Veremos.

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com