San Marcos de Corcubión
O San Marcos de Corcubión volve máis forte que nunca. De feito, e dado que os veciños se portaron fenomenal e as arcas da comisión de festas saíron de contas, decidiuse alongar a festa un día máis. De venres 24 de abril de 2009 a domingo 26, haberá troula por Corcubión, daquela. - Xa están aquí as festas de San Marcos de Corcubión.
Foliada de CerquedaSerá o sábado 25 de abril, cando a partir da 22.30 da noite a Asociación Raigañas de Cerqueda organice, por cuarto ano consecutivo, a IV Foliada de Cerqueda. O lugar será o mesmo que os últimos anos, as Escolas de as Pozacas, en Cerqueda. Presentación dun DVD sobre a Ruta das Antas Este sábado 25 de abril, ás 9:30 horas da tarde, no Salón Cariba de Vimianzo, presentarase nun acto aberto ó público o DVD "Ruta das antas da Costa da Morte: Os principais monumentos megalíticos".
Actividades varias en Cee Esta semana celébrase, o 23 de abril, o Dia Internacional do Libro. Por elo, o venres 24, máis de 330 rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos están invitados a unha doble sesión de contacontos a cargo do Duende Sico. As sesión son ás 10:15 e as 11:45 da mañá. Tamén hoxe mesmo, pero xa pola tardiña e para os máis maiores, haberá actividade. O BAILE DO DÍA DA NAI comezará as 18:30h na escola de música coa actuación do dúo JOVI. E para o sábado seguimos coa programación habitual cunha nova sesión de maxia nos Sábados en familia. “MAXIA Ó CADRADO” de SYMBIOSIS PRODUCCIÓNS, mesturan a dous magos que se atopan xuntos nun escenario, en compaña do publico e con ganas de disfrutar. Será o sábado ás 19.30 horas. Salón de Actos do Concello. 
Cine de Corme Remata hoxe venres o ciclo de cine da Asociación Eduardo Pondal de Corme dedidado ao director inglés Tony Richardson. A película elixida será Ned Kelly, con Mick Jagger, o cantante dos Stones, e Lindsay Smith. Teatro en Vimianzo Será o Mago Richar o que faga o seu particular concerto o domingo ás 18:30 no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo. Fin de semana de Corais A Coral Polifónica “Virxe da Barca” de Muxía participará, en directo, hoxe venres día 24 de Abril no programa da TVG “Luar” dentro do concurso “Cantares Galegos” dotado cun primeiro premio de 9.000 euros e un segundo de 3.000 euros. Ademais a Coral polifónica Xan Mella de Baio-Zas (A Coruña) viaxará a Valdeorras (Ourense) este sábado 25 de abril onde participará nunha xuntanza de corais. A coral baiesa compartirá cartel coa Coral carrionesa de Carrión de los Condes (Palencia) e os anfitrións do Orfeón Valdeorrés. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|