|

Xa pasou un ano e semella que foi onte cando Víctor Omgbá ou Mohamed Safa subiron á palestra a tratar todos eses temas que os outros 11 de meses do ano pasan agochados baixo a alfombra. E volve de novo a Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión" cun programa repleto de actividades para este II Maio Solidario de Corcubión. Ademais este ano as actividades celebraranse no emblémtico cárcere vello de Corcubión, e serán os 5 venres do mes. Este ano as charlas desmárcanse un ouco do tópico solidario, e abre as súas portas a novas ideas máis cercanas. De feito, a xornada inaugural, que será o vindeiro venres 1 de maio, contará cunha charla sobre Consumo Responsable, na que participarán a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, da Coruña, e a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa, de Quilmas, produtora da primeira. Esa fin de semana estará aberta a tenda de comercio xusto que aportan Panxea e Eqqun Zebra, que tan ben funcionou a edición anterior. Para a segunda xornada toca viaxara ata Cabo Verde. Lucía Oca contaranos a situación que vive a illa logo de pasar varios anos por aqulas latitudes. Xa inmiscuíndonoso o xornalista Xaquín López A xornada do 22 de maio comezará coa presentación da ONG Bicis pola Paz, da man de Anxo Moure. Ao remate, precederase a realizar unha Bicicletada Solidaria polas rúas de Corcubión, e probalemente Cee. Aproveitará a visita o mítico atrapacontos lucense, para presentar pola mañá o seu Carballa con botas aos pequenos dos Colexios de Quenxe de Corcubión e Eugenio López de Cee, e do Instituto Fernando Blanco de Cee. Para completar o día, os arqueólogos Xurxo Ayán e Sonia García, do Consejo Soperior de Investigaciones Científicas (CSIC), levaranos de volta ata o corazón de África, ata Etiopía Occidental, onde da man da excepcional exposición fotográfica "Onde as rúas non teñen nome: Unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo Gumuz", farannos un achegamento á arqueoloxía e á vida castrexa galega, a través da vida tribal. Ese mesmo sábado, o Día de África, e para celebralo haberá degustación de produtos africanos e un concerto de percusión do grupo Galuteranga E a última sesión estará dedicada ao Foro Social Mundial e á participación do noso país no mesmo. Para elo estará o Xosé Manuel Beiras, que da man da Fundación Galicia Sempre acudíu a varios destes foros. Precisamente a semana pasada, Xabier Macias, ad mesma fundación, achegábase a Cee para debatir sobre o Altermundismo, nunha charla organizada por COSAL Costa da Morte. Nota de prensa da Universidade Popular de Corcubión A experiencia positiva realizada o ano anterior co I Maio Solidario, constituíu un feito pioneiro na nosa contorna no tocante á sensibilización e a solidariedade. É por iso que a UPC decidiu retomar o proxecto e celebrar este II Maio Solidario. Serán, novamente, unhas xornadas para a reflexión, o coñecemento, o debate e o inconformismo. Cremos que o programa deste ano é tamén dun altísimo nivel, con figuras de grande calado profesional e intelectual.  Novas relacionadas Máis información Fonte
|