Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Festiletras abre a Casa da Oralidade do Couto  Correo-e
lunes, 27 de abril do 2009

Image

Semana esta importante para a actualidade cultural da Costa da Morte. Dúas das citas máis singulares do ano acaban de ser presentadas. Dúas citas que dan un paso máis aló que a meirande parte de festivais que se organizan na nosa bisbarra. Onte pasamos canda o II Maio Solidario de Corcubión, e hoxe visitamos a pequena aldea pontecesá do Couto, onde a Asociación Monte Branco Fundación Eduardo Pondal vén de presentar o programa da XXVII Edición da Festa das Letras, o Festiletras 09.

Este ano o festival nace baixo o título A Casa da Oralidade, que demostra que todos os eidos da cultura da palabra estarán presentes. A cita desenvolverase unha semana comezando o 9, para rematar o Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2009. Xentes de primeira orde dentro do país esterán no Couto. Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas, Anisia Miranda, Luis Giadás, Quico Cadaval, Carlos Blanco, Guadi Galego... unha batería de nomes achegaranse á Costa da Morte para participar na Festa das Letras do Couto.

FestiPersoeirosImage

A cita percorrerá as historias dos escritores Miguel Anxo Mato Fondo e Jaime Valdés Parga, así como os músicos de Tella falecidos en Bos Aires, os irmáns Moreira. De Festipersoeiros estaremos cheos ao longo da semana. Serán ademais os protagonistas o domingo día 10, cando Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, entreguen unha homenaxe floral no monolito pondaliano.

A Festihomenaxe a un escritor vencellado ao concello pontecesán, este ano será para Miguel Anxo Mato Fondo. Presentarase o día 16 e servirá para dar a coñecer unha Antoloxía preparada pola crítica Teresa Seara para dar entrada a un recital poético.

FestiMúsica

A música volverá moi presente ao longo da semana. A Banda de Música Eduardo Pondal abrirán as xornadas o 9 de maio. Pasarán Guadi Galego e Guillerme Fernández co seu Espido, Le Rumbé de Cataluña con Xurxo Souto, Marful, Ancestral... E na FestaFolk do día 16 chegarán Baitas Malante, A Quenlla e os portugueses A Quadrilha.

Outras actividades

Presentaranse 3 traballos audiovisuais, sendo o proxecto TITANIA S.A. o estrella. Tamén haberá xornadas de formación do profesorado baixo o título A imaxe pondaliana, que serán impartidas por Luis Giadás e o toponomista Fernando Cabeza Quiles.

Non faltarán os libros nin o teatro, coa presentación de "El nacimiento dun pueblo" de Jaome Valdés Parga, "Antoloxía" de Miguel A. Mato Fondo, e o disco Irmáns Moreira a cargo da Editorial Ouvirmos. Ademais terán lugar as I Xornadas de Teatro Infantil Concha Blanco.

Quico Cadaval e Carlos Blanco, pai e fillo pródigo do monólogo galego, estarán no Couto, e García, de Dios ke te crew estará para dar un obradoiro para a mocidade baixo o título "Da regueifa ao rap coa retranca de Calviño de Tallo".

A XXVII Feira de Artesanía abrirá o 17 de maio, o mesmo día que a Raigañas de Cerqueda traia as danzas más tradicionais. E para percorrer a ruta pondaliana, o FestiTren levaranos de viaxe o sábado 16 e domingo 17 de maio.

Máis informaciónImage

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com