|
Camariñas comeza cos seus dereitos |
Correo-e
|
|
lunes, 27 de abril do 2009 |
|

As pasadas semanas foron importantes no eido da Igualdade no concello de Camariñas. Unhas semanas nas que os dereitos laborais comezaron a cobrar a importancia que merecen. Unhas semanas nas que a Área de Igualdade do Concello camariñán, que dirixe Mª del Carmen Linares, presentou o seu caderno "Comeza cos teus dereitos". Este caderno informativo, é un documento físico, que servirá de apoio a todas as persoas empregadas, tanto na administración pública como nas empresas privadas. Está dispoñible nas dependecias municipais e popde servir para facerse unha idea de todos dereitos que temos como traballadores. Esta iniciativa encádrase no programa Camariñas Co-responsable, ao igual que o curso de cociña para homes. A súa finalidade é a de mellorar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, mediante a posta en marcha de diferentes actuacións de sensibilización, visibilización e información. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, da man de Mª del Carmen Linares.
|