|

Cee está de noraboa, 13 anos despois volve a compañía Talía Teatro a presentar unha obra á vila que a viu nacer. O Salón de Actos do Concello de Cee acollerá a presentación da obra "Palabras encadeadas", un texto de Jordi Galcerán, que dirixe Artur Trillo (no centro) e interpretan Toño Casais (segundo pola esquerda) e María Ordóñez (á dereita de todo). Ao control técnico estará Dani Trillo (á esquerda de todo). Así, un estreo para toda Galicia que terá lugar na vila da Xunqueira. A Concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, María Junquera Cambeiro (de segunda pola dereita), mostraba a súa satisfacción por recibir á Talía logo de tanto tempo, e agarda que volvan tantas veces como queiran. Explicaba Artur Trillo, recén levar o Premio María Casares ao Mellor Actor Secundario por "E ti quen ves sendo?", que o tempo pasou sen decatarse moi ben o por que. Outras vilas do gusto do grupo, como Narón, Santiago, Boiro, Vilagarcía... foron esceario de estreo, pero Cee é especial para todos eles. O propio Toño asegura que hai máis presión na casa que fóra, porque todo o mundo agarda moito máis de ti. O director quixo agradecer ao concello por cederlle o salón de actos ao longo desta semana. O calor do público foi o factor fundamental para decidir volver á casa, e indicou que a "estrea sempre é unha función distinta". Suspense ata o final "Verdade, mentira…Qué máis dá. A estas alturas xa non hai diferenza…" así presentan a súa obra a compañía ceense. "Palabras encadeadas" é o espectáculo número 25 da compañía. Trátase dunha obra con suspense, misterio, nun tono thriller. Ademais, xoga co desenlace, polo que unha palabra de máis pode acabar co interese da obra. Deste xeito, apenas explicaron na rolda de prensa o argumento, i é que ao máis puro estilo "El sexto sentido", o final é máis que importante. "Ata aquí podemos ler", que dicían eles mesmos. A escenografía é de corte realista, para meter ás xentes nun ambientedo mais habitual que faga que as xentes se metan de cheo na historia. O equipo, o mínimo, un formato que convence a compañía, que xa tivo abondo co pedazo de plantel que presentaron con "E ti quen ves sendo?". Un formato pequeno, cómodo, áxil e resultón. Un pase para o IES, un para os políticos e outro para o público A estrea real será o mércores, cando se fagan a proba de lume ante os rapaces do IES Agra Raíces de Cee. Será unha actuación matutina pechada para os rapaces do instituto, que ofrece Talía como gratitude ao apoio que dá o centro en cada Mostra de Teatro de Cee. O xoves 30 haberá un pase para a prensa e para os persoeiros ilustres, e a entrada será con invitación. A verdadeira estrea será o venres, ás 20:30 no Salón de Actos do Concello ceense. Cos prezos pulares de sempre (1,5 euros para xubilados e 2,5 para o público en xeral). A compañía más traballadora Máis de 130 funcións nos 9 meses de traballo que fan ao ano, convírtenas nunha das compañías máis traballadoras do país. Varios son os meses fortes, como poden ser outubro, novembro, abril e maio, no que xa chegaron ata representar 32 funcións nun só mes. De feito xa avisan, que este ano, as vacacións tocan en plan sibarita, de balenario. Información web Acaba de personalizar e de que xeito a súa páxina web o grupo Talía Teatro. Pasen por www.taliateatro.es e tomen nota de todas as actuacións que realizará o grupo por todo o país e parte do estranxeiro. Despois de Cee pasarán por Cariño, Baio, Ribeira, Santiago, Coruña, Carballo.. un sinfín de lugares que non precisan ver a obra para contratala pois xa teñen confianza plena na compañía. Ademais, a obra voltará para a Mostra de Teatro de Cee. Pero Talía estará en Cee de nvoo o vindeiro 23 de maio, coa obra para nenos "Valentino Ruffini e Danielo Pillabán de Viaxe a Milán (e van sen un can)". Longa vida á Talía Teatro e que volvan sempre ao niño que os viu nacer, que tanto os quere, e onde enchen veñan coa obra que veñan, veñan as veces que sexa. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marga Castro.
|