|
O Proxecto Blog remata cheo de curiosidade |
Correo-e
|
|
miércoles, 29 de abril do 2009 |
|

Aprendendo a crear o seu espazo en internet. Así estiveron os rapaces de Vimianzo, que esta semana celebraron a última sesión do Proxecto Blog, cuxos resultados pódense apreciar no blog http://proxectoblog.ohlog.com, un espazo ben xeitoso que xa agarda para participar na sección da bitácora da semana. Nesta páxina aparece unha pequena descrición do proxecto en sí, dando a escoller entre ver os blogs dos escolares de Vimianzo e Abegondo. Ao igual que as veces anteriores, na xornada formativa os participantes mantiveron en todo momento unha actitude amistosa cara o seus compañeiros, tanto do seu colexio coma do outro centro. O feito de facelo a un tempo cos alumnos de Abegondo provocou un interés especial dos rapaces, que tiñan unha curiosidade feroz por coñecerse físicamente entre sí. E de feito se coñeceron, xa que unha das accións que pedían ambos colexios (e que atraeu unha cantas risas) foi a de enfocar de cerca coa cámara web aos compañeiros!!! A conclusión para a responsable deste cursiño, Lorena Cernadas, é clara, é este un xeito divertida para aprender ferramentas para deenvolverse mellor pola rede submariña, unha rede pola que terán que desenvolverse coma un peixe polo resto das súas vidas. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo.
|