II Maio Solidario de Corcubión Comeza esta fin de semana o II Maio Solidario de Corcubión, organizado pola Asociación Universidade Popular. A xornada inaugural terá lugar hoxe venres 1 de maio. Serxio Iglesias será o encargado de presentar a segunda edición do festival, que dará paso á primeira xornada. A primeira actividade trata de ampliar horizontes, e volver de África a Galicia para falar do Consumo, e máis concretamente, do Consumo Consciente. Para elo estará varios membros da Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, da Coruña, e a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa, de Quilmas, que ao tempo pècha o círculo ao ser produtora da primeira. Ademais, esta fin de semana estará aberta a tenda de comercio xusto que aportan Panxea e Eqqus Zebra, que tan ben funcionou a edición anterior. A fin de semana non rematará para os membros da Cooperativa coruñesa, que participarán o sábado nunha xornada de voluntariado plantando 800 esparragueiras nas hortas que a cooperativa traballa en Quilmas, nos terreos que ían destinados á ampliación da piscifactoría. Logo de de durmir no pavillón de Corcubión, procederán a subir o Monte Pindo. E precisamente o Monte recibirá outra visita especial o sábado, cando os integrantes do grupo de montañismo "Monte Coroña", de Xixón, subirán ata a Moa. Talía Teatro en Cee Volve logo de 13 anos, o grupo ceense Talia Teatro a estrear unha obra para toda Galcia á vila da Xunqueira. A nova montaxe é "Palabras encadeadas", un thriller cheo de suspense e misterio ata o último segundo. A presentación será hoxe xeves 30 de abril, pero este pase é con invitación. A verdadeira posta de longo ante o público será o venres 1 de maio ás 20.30 horas no Salón de Actos do Concello. Día da Muiñeira en Cee Sen marchar de Cee, o mesmo venres tamén terá lugar o XXIII Día da Muiñeira na Praza do 8 de marzo, desde as 17.30 horas, baixo a organización da Asoc. Cultural Terra de Sena. - Cee celebra a ponte con teatro e muiñeira
Sábados en Familia E sábado volve o teatro a Cee, serán OS QUINQULLÁNS os que traian unha gran montaxe teatral: O mago de Oz. Será ás 19.30 horas no Salón de Actos do Concello. (entradas a 2.5 e 1.5 euros).  Teatro en Vimianzo O domingo 3 de maio, áss 18:30 o Mago Marttyn trae o seu espectáculo Ilusionarte. Novo ciclo de cine en Corme A Asociación Eduardo Pondal de Corme estrea novo ciclo. Este mes de maio será dedicado ao Cine Arxentino de hoxe. A primeira proxeccion realizarase mañá venres 1 de maio e a elixida é Nueve Reinas, de Fabian Lewinski, con Ricardo Darín e Gastón Pauls Ademaise ste mes a asociación abre unha sección especial. Vai comezar coas proxeccións dos vídeos Para mariñeiros nós, que protagonizan o cormelán Suso Lista e Manolo de Laxe, baixo a dirección de Omar Rabuñal. Muxía acolle unha exposición sobre a GUERRA CIVIL Hoxe, venres a Casa da Pedra de Muxía acolle a Inaguración da exposciión dos Hermanos Mayo sobre a Guerra Civil Española. A cita será ás 20:00 horas. Fervenza do Ézaro aberta O 1 de maio é unha das datas sinaladas como festivos para abrir a marabilla da Fervenza. Estará aberta entre 12:00 e as 14:00. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|