doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Evidencias que nos matan  Correo-e
viernes, 01 de mayo do 2009

Resulta curioso ver como se queda facilmente en evidencia. Namentres escoito como o director da factoría de Ferroatlantica xustifica un ERE temporal por falla de negocio, a propia empresa ultima en China a posta en marcha de outra fabrica que vai producir o mesmo, aleación de ferrosilicio, na China, pasando a converterse na maior factoría do mundo. Hai cousa que non se entenden nin querendo.

E moi mala a información mal utilizada ou en mans pouco afeitas ós modos democráticos. Mesmo nas mans de segundo quen pode resultar perigosa. Hoxe, noutro informativo, un cadro despregaba o xeito no que, de seguir a actual evolución, a cantidade de mortes que a nova gripe podería provocar non chega nin a quinta parte das que xa provocou no mundo a gripe normal de cada inverno. Non lembro as cifras pero si sei que a columna da gripe estándar chegaba o alto da gráfica mentres a proxección desta gripe do porco non levantaba case nin un palmo. Pero xa ben, cada noticiario, cada boletín, cada portada, colmados coa ultima nova dos mortos en México, dos afectados que escorregan polo mapa como pingueiras de salsa.

Nos asola unha crise intermitente, e de súpeto ¡Zas!, un andazo de gripe. Un escándalo tras outro no PP e ¡Zas!, o xuíz que leva o caso que resulta que deixou sen declarar uns cartos obtidos por unhas conferencias de hai un ano. A gripe aviar ia por fin o mundo tal e coma o coñecemos, pero ¿quen lembra o SARS, que así se denominaba en siglas inglesas?. O mal das vacas tolas acaba coa metade da cabana gandeira europea ¿cantos enfermos deixou?, ¿cantos mortos?. Os cans perigosos, sempre con boza ¿cantos o levan agora?.

As evidencias do manipulado que esta todo chegan ata a comarca, e si ben non resulta tan sinxelo falar delas cando se trata de feitos tan cércanos, de persoas tan coñecidas... o certo é que si, aquí tamén, se conta e se sabe o que se quere contar e saber... pero, ¿quen decide que si e que non debemos saber?, ¿os directores dos medios?. Ben, nalgún e ben coñecido o control do contido e da liña editorial do medio, non fai falla nin que o nomee. Noutros e moito menos evidente e as veces ata parece non existir, pero podo prometerlles que existe, aínda que sexa menos mutilador. Existen evidencias que nos achegan a un precipicio de onde non se salva ninguén, o do escurantismo, o do control total.

Hoxe escribía para outro medio que non somos conscientes do que significa, do importantísimo que resulta ter un tecido comercial local que nos aglutine e nos garanta os subministro de produtos básicos ó ladiño da casa. Creo que tampouco somos conscientes do importantísimo que resulta ter uns medios informativos o bastante transparentes como para dicir que o ERE de Ferroatlantica é unha pura mentira, que da crise se están lucrando os mesmos que nos abocaron a ela na costa sen que ninguén faga nada, que resulta patético e ata vergoñento escoitar a segun que lideres políticos da comarca, e que a frase “hai leis mais difíciles de facer cumprir que outras” non so é triste vindo dun alcalde, senón que se me apuran é ata delictiva. E isto non se pode dicir en todas partes, aínda que sexa certo. De momento, so quedan lugares coma este para afirmar con rotundidade que existe a prensa libre no noso país.

  • José Luis Louzán.

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com