|
Finalizamos o noso percorrido pola historia dos Concellos da Costa. Xa só queda votar polos máis importantes persoas que habitaron a Costa da Morte. O Concello de Malpica é o último do que presentamos os seus persoeiros, logo de pasar por Corcubión, Cee, Fisterra, Laxe, Muxía, Camariñas, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Mazaricos, Dumbría e Carnota. E xa saben, todo baixo o paraugas desta iniciativa didáctica da Elección Histórica da Costa da Morte, artellada entre corcubion.com e quepasanacosta.com.. A partir de hoxe, contaremos cunha nova estática que nos levará ata o novo blog, creado para a ocasión, no que poderedes votar ao persoeiro máis relevante do voso concello, e do resto da Costa da Morte. A elección é vosa. Estes son os persoeiros que nos prantexaron dous colaboradores de excepción. Verdadeiros eruditos en materia histórica, Xelucho Abella e Xosé Manuel Varela Varela, ofrécennos, coincidindo nos seus pareceres, estes candidatos. Anselmo Villar Amigo Naceu en Malpica (A Coruña) en 1850 e chega a Buenos Aires en 1862. Un dos meirandes logros, ademais de ser un benefactor e filántropo recoñecido, doando terreos para a escola de Malpica ou para a rampla do porto, foi ser Deputado nas Cortes polo Distrito de Corcubión. Tratouse dun pioneiro da migración. Seu tio introdúceo no pequeño comercio. Bo para os negocio dedícase as actividades mercantís ata que se retira, o que lle permitiu lograr fortuna e desplegar a súa disponibilidad económica para lograr recoñecementos. En 1895 nómbrano presidente da cámara Oficial da Bolsa de Comercio de Buenos Aires. Dende os principios da súa fundación estivo vinculado ó Banco Español e do Río da Plata, formou parte do diretorio do Banco e foi un dos principales accionistas dunha das entidades señeras do progreso económico deses anos. Presidiu a Sociedade Española de Socorros Mutuos de Buenos Aires, a de Beneficiencia Española, e do Hospital Español. Desde esta posición de privilexio sempre mantivo recordo da súa necesitada vila natal e parte da fortuna acadada en Bos Aires foi destinada para a contrución dunhas infraestruturas imprescindibles como a rampla do antigo porto, o murallón, a praza de abastos (que co paso do tempo se reconverteu en escola e hoxe en día é a Casa do Concello) ou a Fonte de Abaixo (ou Fonte de Anselmo Villar). Esta fonte foi a primeira traída de auga pública a Malpica de Bergantiños. É un edificio singular no que se construíron uns asentos que convidaban ós buscadores de auga á tertulia e ó xogo. Na data da súa contrución colocouse tamén un reloxo que marcaba o devir do tempo na vila mariñeira de Malpica. En 1957 este reloxo, que estaba inoperativo pola ferruxe, foi substituído, por un busto do benfeitor. Foi un dos inmigrantes exitosos na industria non liviana especializadas na fundición e laminado do ferro. Fundou asimesmo “A Primitiva”, un establecemento especializado na fabricación de bolsas para o almacenaxe do cereal. Tempo despois incorporouse á vida política porteña sen necesidade de naturalizarse e facerse cidadán arxentino, participando das mobilizacións, contiendas contrarrevolucionarias e loitas electorais o lado de Bartolomé Miltre. Formou parte das forzas auxiliares da revolución mitrista e se mantivo cercano o elenco de élites políticas arxentinas que lle facilitou ese servicio a Mitre, aínda sendo máis liberal que republicano. Máis tarde engrosaría as filas dos levantamentos políticos de 1880, 1890 e 1893. Foi no ámbito municipal no que desenvolveu funcións públicas en Buenos Aires. Chegou a ser concelleiro, máximo posto ó que podía chegar un galego non naturalizado. Foi en 1901 no goberno de Julio Roca, cando se establece a Cámara Municipal composta polos veciños elexidos polo Poder Executivo e ratificados polo Senado. Signo de que axudou directamente os inmigrantes e os seus negocios a conseguir mellores dereitos e integración na Arxentina. A mellor mostra duns resultados eficaces nas redes que Villar recompuso con su nación de orixe desde su situación de notable inmigrante na Arxentina foi a súa designación como candidato a diputado, primeiro, e seu nombramento para tal cargo, despois. Foi nomeado diputado polo distrito de Corcubión (A Coruña) polo Partido Liberal en xaneiro de 1907, e foi nomeado novamente diputado, esta vez polo distrito de Muros (A Coruña). A foto que expoñemos ten historia. É de Xurxo Alfeirán, quen a fixo na súa propia casa. Trátase dun cadro que herdou a súa familia de D. Anselmo. O cadro está feito a carbonciño. Polo tanto trátase dunha foto única, que saiu no libro publicado por Alfeirán da Guía de Malpica de Xelucho Abella, todo queda na casa. As pandereteiras de Mens
Durante moitas das décadas nas que a música tradicional estaba desprestixiada, as pandeireteiras de Mens foron as grandes referentes tanto dentro como fóra do país. Da man do gran bailador de Aturuxo e Cántigas da Terra, Manuel Cajaraville, radicado na Coruña levaron a música tradicional a Bos Aires ou Barcelona entre outras cidades importantes. O músico, Xurxo Souto, no seu libro Contos da Coruña fala desa magnífica relación entre Cajaraville e as Pandeireteiras, que mesmo desembocou nunha xira internacional co grupo folk Milladoiro: “Cajaraville viaxou moi lonxe. Mais tardou ben tempo en atopar o seu maior tesouro. Iso que tiña a chave diante da casa: na tasca onde xogaba a partida, Bar O Monte. Os donos sempre lle dicían «ten que vir á nosa terra, que cantan moi ben». El andaba con outros proxecto na cabeza e non facía moito caso. Ata que un día tivo que acompañalos a un funeral. Escoitou a unhas señoras maiores e quedou abraiado. Eran as Pandeireteiras de Mens. Incorporounas inmediatamente ás actuacións de Aturuxo cun éxito impresionante. Axiña todas as agrupacións de baile enxebre comezaron a imitalos [...] Tanto foi o éxito das Pandeireteiras de Mens que, ademais de recorrer medio mundo con Aturuxo, participaron, sempre seguindo o consello do seu mentor Manuel Cajaraville, nunha xira con Milladoiro. [...] Lembro ben un concerto dese tempo no Pazo dos Deportes de Riazor. Velaí o texto dalgunhas cantareas que botaron as pandeireteiras, entre elas unha copla, ben coñecida, dedicada a esta cidade: ¡De onde son esas mociñas que arrecenden a ourego? Do lugariño de Mens e xunto a casa do crego. As rapazas da Coruña non é unha que son todas poñen tres pares de medias para face-las pernas gordas. Esta casa si que é casa estas si que son paredes eiquí está o ouro e a prata i está a frol das mulleres.” Para Xosé V. Ferreirós, compoñente do grupo Milladoiro o descubrimento do mundo das pandeireteiras tradicionais supuxo un ideario creativo á hora de contruír o seu disco Galicia no país das marabillas: “Para nós o tema das pandeireteiras tiña unha forza especial e, como outros traballos de Milladoiro, meditámolo moito e decidimos relanzalo nun momento no que cantaban, por exemplo, as pandeireteiras de Buxán no Concello de Rois ou as pandeireteiras de Mens. Ninguén se fixaba nelas e mesmo parte do público avergoñábase diso. Foi entón cando ao grabar “Galicia no país das marabillas” pensamos nunha incursión nese campo. Coas Pandeireteiras de Mens fixemos os concertos do décimo aniversario do grupo e resultou moi atraínte…tanto que anos despois moitos outros músicos galegos retomaron a nosa incursión e, mesmo xa hai discos de pandeireteiras como é o caso das Leilía.” O principal trazo característico das Pandeireteiras de Mens era tocar a pandeireta co puño cerrado. A súa vestimenta era a roupa de traballo con mandil, chambra e pañoleta á cabeza. Se hoxe a muller pandeireteira galega ocupa un espazo de importancia no panorama musical galego é froito da presenza e simboloxía das pandeireteiras de Mens. Polo tanto, non se pode entender a importancia das pandereteiras santiaguesas Leilía, das arteixás Xiradela ou as malpicás Raigañas sen o vital referente das pandeireteiras de Mens. Pedro Benito Cambón Nacido no 1738, será lembrado para a historia como o fundador da Misión de San Francisco de Asís de Los Dolores, que a día de hoxe é unhas das cidades máis grandes e importantes do mundo: San Francisco, California. Foi unha aldea ata que os amerincanos ocuparon Californa botando aos mexicanos cara o sur. Corrían nestes tempo a década dos 40. O Padre Francisco Palou, mallorquín, foi o outro frade franciscano que constituiron a primeira igrexa (á dereita), poñendo así a semente dunha das grandes capitais do mundo occidental actual, dando unha nova mostra da relación entre cristianismo e capitalismo. Colaboradores Xosé Manuel Varela Varela Impresionante o traballo que nos brindou Xosé Manuel. Participou activamente na consecución de información para outros concellos e se volcou en cada necesidade que QPC tiña, por exemplo esas imaxes das pandereiteiras de Mens e sobre todo, a xoia de Don Anselmo Villar, conseguida a través de Xurxo Alfeirán. Un verdadeiro luxo poder contar con este especialista en lingua e literatura galega, que colabora en distintos medios de comunicación radicados na Costa da Morte. Como filólogo traballa na edición de escritores do rexurdimento literario galego (séc. XIX), na de poetisas populares bergantiñás, ademais de verter novelas castelás para o galego. No ámbito laboral, traballou como dinamizador sociolingüístico e cultural e participou en proxectos de divulgación turística dos concellos de Cabana e Malpica. Na actualidade exerce como docente de lingua e literatura galega no ensino medio A modo de ideario, Bergantiños, como comarca norte da Costa da Morte, converteuse no seu universo de creación e investigación cultural. Xelucho Abella Outro dos persoeiros máis relevantes no eido histórico da bisbarra, Xelucho Abella, aportou varios dos nomes que ofrecemos hoxe. Desgraciadamente non puido participar moito máis, porque a súa apretada axenda, e a pouca actividade submariña de Xelucho faino algo inaccesible para nós. Falamos con el e se mostrou encantado de axudarnos coas súas ideas, pero é dos poucos valentes que quedan sen utilizar o correo electrónico. Hai que ser un verdadeiro mestre e e figura no seu entorno e na súa materia para non necesitalo. Ante todo dámoslle as gracias pola súa colaboración. Xelucho Abella Chouciño, de nome completo Xermán Roxelio Abella Chouciño (nado en Malpica o 19 de xuño de 1945) é un teólogo, político e escritor de literatura xuvenil. Foi concelleiro do PSG-EG nos concellos de Malpica e Ponteceso. Estudou no Seminario Hispano-Americano de Madrid e Universidade Pontificia de Salamanca. É licenciado en Teoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación. Actualmente dá clases no Instituto de Ensino Secundario de Ponteceso (A Coruña). Entre as súas obras destaca "A cidade maldita" (1991), "Gundar e o cabalo de oito patas (1991) "As aventuras de Pelusa" (1998) ou "A ermida do diaño (1999). Elección Histórica da Costa da Morte Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Corcubión.com.
|