Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Comeza a votación da Elección Histórica da Costa da Morte  Correo-e
lunes, 04 de mayo do 2009

Image

Image

Luns 4 de maio de 2009. Bota a andar a Elección Histórica da Costa da Morte. Ao longo deste mes de maio os nosos lectores poderán elixir aos personaxes máis importantes dos seus concellos, e para xuño quedará a gran final entre os 14 finalistas.

Xa podedes pasar polo novo blog, creado para a ocasión, eleccionhistorica.com. Dende el poderedes procurar toda a información histórica que nos foron achegando os especialistas colaboradores, parte fundamental desta iniciativa didáctica.

Mención aparte merecen os nosos colaboradores, historiadores e afeccionados á historia, que se brindaron a realizar o traballo máis duro, o de elixir aos 3 persoeiros máis singulares de cada concello. Se ben houbo concellos nos que a decisión non foi complicada, noutros a decisión foi clave. Moitos foron os persoeiros que quedaron fóra desta selección, e non por iso deixan de ser importantes.

Comentarios

Queremos deixar claro que calquera comentario será ben recibido, e ata podería ser posible, se o número de peticións é suficiente, e co consentimento do colaborador correspondente, incluir un novo persoeiro nas votacións.

Dende a parte superior de cada concello hai un apartado para que os comentarios poidan servir de ferramenta didáctica para seguir aprendendo dos 3 persoeiros que están na selección e doutros que non o están.

Votacións

Elección Histórica da Costa da Morte

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Corcubión.com.
  • Debuxo de Ángel Martínez, administrador de corcubion.com.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com