|

O Concello de Cabana vólcase cos títeres. Co gallo do Día das Letras Galegas, o concello organiza a Quincena Titirimáxica, na que o teatro, as marionetas e a maxia tomarán Cabana. A Casa dos Títeres acollerá as seguintes funcións aolongo do mes de maio: Sábado 9: "Zapatos" O grupo Caramuxo Teatro trae o seu espectáculo Zapatos (teatro para bebés) o sábado 9 de maio ás 17:30 na Casa dos Títeres. O día completarase con inchables e merenda e unha visita espcial dos padriños da escola Ansiana Miranda e Xosé Neira Vilas. O grupo, nesta obra pregútanse ¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa?. Unha rapaza nova é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. "Zapatos" narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono. Un espectáculo para nenos e nenas de 1 a 4 anos. Luns 11 de maio: Visitas guiadas Percorrido por Cabana de Bergantiños para o alumnado dos centros escolares que o desexen. Martes 12 de maio: Monicreques Sesión de monicreques o martes na Aula de Música José María Álvarez Canto da Casa da Cultural ás 17:30. Os Monicreques Seisdedos traen "O galo Quirico e os seus amigos". Xunto con algúns números de marionetas tradicionais preséntanse nun teatriño de cartón o conto popular "O galo Quirico" seguindo a versión publicada por Bernardino Graña. Marionetas tradicionais e teatro de cartón creados e dirixidos por Anxo Garcia co acompañamento de Carlos Quintá ao acordeón diatónico. Mércores 13 de maio: Visitas guiadas Percorrido por Cabana de Bergantiños para o alumnado dos centros escolares que o desexen. Xoves 14 de maio: Obradoiro de ilustración A Biblioteca María Baña acolle ás 1730 un Obradoiro de Ilustración con Chus Ferrín. Creación dunha persoaxe cuxas características principais serán consensuadas entre todos e todas. Venres 15 de maio: Visitas guiadas Percorrido por Cabana de Bergantiños para o alumnado dos centros escolares que o desexen. Domingo 17 de maio: Día das Letras Galegas Ás 11:15, a parroquia de Borneiro, a de Canduas ás 12:15 e a de Cesullas ás 13:00 recibirán á Ciclobiblioteca do atrapacontos Anxo Moure. Ciclocarros convertidos en bibliotecas móviles. Esta actividade de animación a lectura participa do xogo, da animación e da concienciación sobre o respecto ao medio ambiente. Luns 18 de maio: Visitas guiadas Percorrido por Cabana de Bergantiños para o alumnado dos centros escolares que o desexen. Martes 19 de maio: Teatro e Visita no Tren Turístico Logo dunha visita ao Castro de San Fins en Cesullas e ao CAstro de Sinde en Canduas, a Biblioteca María Baña acolle ás 17:30 a obra do Teatro de Actor "Coñece a Briteiro o Castrexo de Crearte". Unha divertida dramatización onde Briteiro explica como é o seu castro, a vida cos romanos e moitas outras cousas do seu tempo que nos permitirán aprender un pouco máis sobre a nosa historia dun xeito directo, participativo e moi creativo. Mércores 20 de maio: Visitas guiadas Percorrido por Cabana de Bergantiños para o alumnado dos centros escolares que o desexen. Xoves 21 de maio: Obradoiro A Sala Manuel Lema Otero da Casa da Cultura acolle ás 17:30 o obradoiro "Nós tamén facemos contos de reverso". Imaginamos, soñamos, falamos, compartimos, escribimos, rimos, pintamos o mundo con moitas cores e xa temos o noso conto. Achegámonos ao proceso de elaboración dun libro e desenvolvémolo ao noso xeito. Venres 22 de maio: Visitas guiadas Percorrido por Cabana de Bergantiños para o alumnado dos centros escolares que o desexen. Domingo 24 de maio: Maxia O local social de Corcoesto recibe ás 17:30 a Feira Máxina Lafayette, de Cayetano Lledó, un espectáculo de Maxia, Comedia e Humor indicado para público familiar. O patrón dunha feira ambulante de rarezas na que xa non quere traballar ninguén vese obrigado a disfrazarse de estraños personaxes para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a un Encantador de Serpes, a un Ilusionista, a un Mentalista, ao Espadachín máis rápido do mundo, a un Pianista, a un Científico Tolo etc intentará levantar o espectáculo. Ilusionismo teatral con comedia, máxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, cambios de vestiario, mentalismo, etc. Patrocinadores Organiza o concello de Cabana e a Casa dos Títeres, e patrocinan a Xunta de Galicia, a Consellería de Cultura. Novas relacionadas Fonte
|