|
martes, 05 de mayo do 2009 |
|

Visitamos o desfile de Baio da man das mellores fotos de Marcos Rodríguez. Que mellor xeito de percorrer este desfile organizado pola Comisión de Comercio, ao que acodiron preto de 500 persoas. Este desfile de moda tivo lugar no pavillón municipal de Baio e foron uns 50 modelos voluntarios de todas as idades e xéneros os que se atreveron a pasear os modelos creados por deseñadores da Costa. I é que ultimamente os desfiles están de moda, e desfile que se preste aló está Marcos coa súa cámara, como ocorría tamén en Baio co liño e en Camariñas coa pasarela do Encaixe. Xa se sabe, non fai falta saír da Costa para estar á moda. 








Novas relacionadas Fonte
|