|

A S.D.U. Vimianzo organiza, por quinto ano consecutivo, o maratón de fútbol 7 os vindeiros 27 e 28 de xuño no campo municipal de Vimianzo. Xa está aberto o prazo de inscripción, que se poderá facer a través do teléfono: 686605380 ou ben por correo electrónico na dirección:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Poderanse anotar equipos ata o venres 26 de xuño ás 21:30 que será cando se realice o sorteo no Bar London de Vimianzo. A cota de inscripción é de 100 puntos e terá que ser pagada con anterioridade a realización do sorteo. O pago poderano facer o mesmo día do sorteo, no Bar London ou a través de transferencia bancaria ao número de conta: 0182-6787-51-0201512247, na cal deberán especificar o nome do equipo e unha persoa e teléfono de contacto. Repartiranse 2.400 puntos en premios, dos cales 1.500 serán para o primeiro, 550 para o segundo, 250 para o terceiro, e 100 para o cuarto, sempre e cando se conte cun mínimo de 30 equipos, ademais de trofeos para os catro primeiros. Do quinto ao oitavo clasificado levaranse un xamón cada un. Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|