|
O Maio Solidario de Corcubión achéganos a Cabo Verde e ao Mar do Xapón |
Correo-e
|
|
miércoles, 06 de mayo do 2009 |
|

Continúa o Maio Solidario da Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión" en marcha. Logo das primeiras xornadas de Consumo Responsable, este venres, 8 de maio, voltamos cara o sur. O Cárcere Vello de Corcubión acollerá de novo a conferencia de Luzía Oca sobre Cabo Verde. Ademais, ao remate da charla, proxectarase o documental "Outro Paralelo 43", ademais de poder contar cos autores Roberto Leis e Álvaro de Castro, para facer un pequeno coloquio sobre esta viaxe ata o Mar de Xapón. A obra foi gañadora da BEca Fundación Caixa Galicia. Luzía Oca Luzía é antropóloga e profesora nas licenciaturas de antropoloxía aplicada ao desenvolvemento e servizo social na universidade de Trás-os-Monntes e Alto Douro. Cabe destacar que tamén está inmersa nos movementos asociativos, xa que é vicepresidenta da Asociación para a Cooperación con Cabo Verde. Actualmente está a elaborar a tese de doutoramento sobre "O Proceso de integración da comunidade caboverdiana residente en Galiza". Programa Novas relacionadas Fonte
|