Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PP oponse ao PXOM de Camariñas  Correo-e
jueves, 07 de mayo do 2009

Image

O Concello de Camariñas leva dous meses expoñendo o importantísimo Plan Xeral de Ordenación Municipal polas parroquias. Pero como tema conflitivo que é, as primeiras queixas xa aparecen. E é a oposición, na persoa do voceiro do PP, Daniel Rego, a que ergue a voz, e afirma que "o Plan non se axusta ás necesidades de Camariñas".

Rego asegura que asesorará aos veciños para que presenten as súas alegacións ao Plan Xeral. De feito, hoxe xoves, pola tarde, e o venres e sábado, durante todo o día, o PP abre a súa sede aos veciños para facer consultas sobre o Plan. A exposición remata o vindeiro xoves 14 de maio, tempo no que finaliza o prazo para presentar as propostas e cambios expostos polos afectados.

Rego sinala a idea do seu partido: "O PP pretende emendar así o deixamento e indiferenza coas que o Concello atendeu aos veciños que non senten que se estean priorizando os seus intereses".

Nota de prensa do PP de Camariñas

  • O PP de Camariñas asesorará aos veciños para que presenten as súas alegacións ao Plan Xeral
  • Os populares atenderán aos veciños na sede do PP de Camariñas o xoves pola tarde; e o venres e sábado, durante todo o día

6. maio. 2009.- O PP de Camariñas porá a disposición dos veciños un equipo de técnicos e avogados, especializados en urbanismo, co fin de asesorarlles na presentación das súas alegacións ao Plan Xeral. Esta iniciativa, segundo informou o Partido Popular, xorde a petición dos propios cidadáns, quen demandaron a axuda dos concelleiros populares, para que as súas alegacións sexan presentadas no tempo e modo permitidas.

O Plan Xeral, aprobado inicialmente o 27 de febreiro, estará a exposición pública ata o 14 do presente mes, tempo no que finaliza o prazo para presentar as propostas e cambios expostos polos afectados. Neste sentido, os populares informaron de que porán a disposición dos veciños a propia sede do PP de Camariñas dous días e medio: o xoves, pola tarde e o venres e o sábado, durante todo o día. Desta forma, pretenden atender e solucionar todas as dúbidas xurdidas.

O PP pretende emendar así o deixamento e indiferenza coas que o Concello atendeu aos veciños que non senten que se estean priorizando os seus intereses.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Camariñas, da man do seu voceiro, Daniel Rego.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com