doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A cara máis política de Tiqqun será o centro do debate nas sesións filosóficas de Corcubión  Correo-e
jueves, 07 de mayo do 2009

Image

Terceira sesión dos Seminarios de Filosofía da Costa da Morte. Comeza o repaso ao segundo libro "Introdución á Guerra Civil", algo máis político e menos abstractor que o primeiro, "extraordinariamente denso, ontológica e politicamente cargado", com ben explica Ignacio Castro na súa presentación dunhas xornadas semellantes artelladas dende os Traficantes de sueños en Madrid. Esta parte céntrase máis na loita, no Como facer? que nos prantexa Tiqqun.

A sesión trasládase ademais ao Cárcere Vello de Corcubión, lugar ideal para discutir sobre a aparente liberdade da sociedade actual. Será coma sempre, o sábado, este 9 de maio de 2009, ás 11:00 da mañá. Na imaxe vemos unha escena da segunda sesión.

Marcos Lorenzo presenta

O encargado de presentar esta primeira ollada á "Introdución á Guerra Civil" será Marcos Lorenzo. Marcos é Licenciatura en Ciencias Económicas (USC, 1995) e realizou o seu programa de Doctorado en Antropología Social. Colabora a base de artículos e entrevistas con direntes medios do país, como poden ser Archipiélago, El País, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Interea Visual (2006), Grial, www.culturagalega.org...

Marcos está metido en todas, e é todo un activista no eido da economía social e desenvolvemento, cultura e comunicación migracións e interculturalidade e asociacionismo e participación, e colabora con diferentes entidades como a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado “EIXO”, da que é Presidente, e da Federación Galega de Cooperativas Sinerxia, da que foi vicepresidente.

A pesar da súa xuventude, entre as súas publicacións atopamos as seguintes obras:

  • Autor del libro: ‘Liquidación de Existencias’ (aforismos). Difusora de Letras, Artes e Ideas. 2005.
  • Co-autor: ‘Textos de Antropología Aplicada’. Vila Real: Universidad de Trás-os-Montes e Alto Douro. 2005.
  • Co-autor: ‘Política Lingüística en Galicia 1983-2000’. Consejo de la Cultura Gallega. 2002.
  • Autor del libro: ‘Unha Historia con Futuro. Experiencia dunha I–A–P co Asociacionismo Veciñal de Santiago’. Ayuntamiento de Santiago. 2001.
  • Co-autor del libro: ‘Para unha Antropoloxía de Urxencia’. Miranda do Douro: Universidad de Trás-os-Montes e Alto Douro. 2001.

Introdución á Guerra Civil

Aquí quedamos cun pequeno texto que nos brinda Ignacio Castro e que podedes ampliar en quepasanacosta.com/tiqqun:

Nós falamos dunha nova guerra, dunha nova guerra de partisanos. Sen frente nin uniforme, sen exército nin batalla decisiva.

Unha guerra cuxos focos se despregan a distancia dos fluxos mercantís aínda que conectados a eles.
Falamos dunha guerra totalmente en latencia. Que ten o tempo.
Dunha guerra de posición.
Que se libra aí onde estamos.
No nome de ninguén.
No nome da existencia mesma,
que non ten nome.

Tiqqun, Como facer?

Máis información

Novas sobre Tiqqun

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com