Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Novos e útiles obradoiros de achegamento ás novas tecnoloxías en Camariñas  Correo-e
viernes, 08 de mayo do 2009

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información presentou o seu programa de actividades para este mes de maio. En colaboración co Concello de Camariñas, a Óscar Clapés, técnico da Rede en Camariñas, continúa cos novos obradoiros de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de maio en Camariñas.

Chamando por internetImage

Xa leva case que dous anos Óscar dinamizando a rede submariña camariñá, a máis internauta, sen lugar a dúbidas, de toda a Costa. E esta experiencia válelle a Óscar para determinar cales son as necesidade que procuran os maiores. Por exemplo, o pasado mes tivo lugar un máis que útil curso de “Telefonía por internet”. Este obradoiro pretende facer que os usuarios/as sexan capaces de utilizar diferentes programas para comunicarse en tempo real empregando unha conversa telefónica, algo que normalmente para eles é algo surrealista.

A ferramenta que aprendeulle Óscar aos seus veciños foi o Skipe. En seis horas, os veciños aprenderon as múltiples posibilidades de comunicación do propgrama: Chat e telefonía, prácticas tanto de telefonía a usuarios do skype coma a teléfonos fixos (o skype ao rexistrareste dache unha cantidade simbólica para poder chamar a teléfonos) e despois mirar as tarifas.

Máis cursos

O que acaba de comezar é o de “Ferramentas de apoio educativo”: O rapaz/a ao concluír este obradoiro será capaz de dominar as distintas ferramentas que as novas tecnoloxías brindan ao servizo da realización de traballos da escola . Este obradoiro vai ter lugar do 6 ao 14 de maio, de luns a xoves de 17:00 a 18:30.

Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:Image

  • “Mecanografía”:O usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de escribir con todos os dedos e sen mirar o teclado do ordenador. Realizarase desde o día 11 ao día 14 de maio de luns a xoves de 18:30 a 20:30.
  • “Ferramentas de apoio educativo”:O rapaz/a ao concluír este obradoiro será capaz de dominar as distintas ferramentas que as novas tecnoloxías brindan ao servizo da realización de traballos da escola. Este obradoiro impartirase do 19 ao 28 de maio, de luns a xoves de 17:00 a 18:30.

Máis información

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Camariñas,sito no 1º andar do Centro de Iniciativas Empresariais(ao carón do centro de saúde) na rúa do Río do Prado de Camariñas,chamar ao teléfono 981 73 65 06 ou mandar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Óscar Clapés, técnico da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Centro de Dinamización da S. I. de Camariñas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com