Martes, 09 de febreiro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Tiqqun dende as alturas  Correo-e
domingo, 10 de mayo do 2009

Image

O Cárcere Vello foi o espazo ideal para celebrar esta terceir revisión do movemento filosófico contemporáneo de Tiqqun. Comeza o minucioso repaso ao libro "Introdución á Guerra Civil", e desta volta, como na segunda sesión, a visión do poñente foi algo crítica. O antropólogo Marcos Lorenzo foi encargado de presentar a súa visión e para dar paso a un debate creativo e destrutivo por igual. Unha das ideas que estiveron máis presentes na xornada foi a falta de implicación social e a lonxanía do colectivo Tiqqun, que fica nas alturas intelectuais e se olvidan do traballo e campo.

Marcos Lorenzo (á dereita xunto a Javi Turnes) comezou facendo unha lectura ó pé dos dous primeiros capítulos, ao tempo que botaba unha ollada paralela ao seu libro "Liquidación de existencias". Precisamente atopaba moitas complicidades e diferencias entre ambos.

Marcos comezaba a charla recoñecendo que si, que efectivamente os Tiqqun achéganse ó seu discurso, que coinciden por exemplo na idea de que "todo está sometido á fluctuación. Todo é efímero. Asi e todo, manifestou varias diferencias:

  • Os Tiqqun forman parte da sociedade burguesa, sendo "uns nenos ricos" que tan só falan dun ámbito moi limitado da VIDA: o dos fillos intelectuais de intelectuais.
  • Céntranse nunha parte reducida de occidente, deixando fóra un amplísimo espectro da existencia humana. Marcos considera necesario o análise dos chamados países subdesenvolvidos para que unha teoría así sexa completa. Esta carencia fai que descoñezan outras formas de vida diferentes e céntranse no seu embigo "posmoderno-parisino".
  • Para Marcos, máis alá de que fagan unha boa rapsodia de ideas críticas coa modernidade e o estado e a economía, esas ideas xa están en Nietzsche, Heidegger, Deleuze...
  • Marcos considera que se lle pretenden facer unha enmenda á totalidade do sistema, iso require máis rigor conceptual e maior traballo de campo.
  • Se din que a nosa existencia é soedade e exposición, Marcos cre que non se expoñen nada, que falan dende as alturas intelectuais e académicas, que falan para uns poucos e non para todos sen chegar realmente á sociedade.
  • Con todo, Marcos non deixou de remarcar en ningún momento que se sinte próximo a eles en moitos eidos.

DebateImage

Pola súa banda, ao remate da exposición, comezou o activo debate. Varios dos asistentes á citas, Ignacio Castro, o poñente da primeira sesión, Pedro Fernández, Miguel Vázquez ou Carlos Pais, insistían en que Lorenzo non entendiu o sentido do concepto formas de vida. Non consideraban xusta a análise psicolóxico-antropolóxica que realizou dos compoñentes de Tiqqun.

Os comentarios ían na liña de que os libros son profundamente pertinentes e que fan tomar partido a todos aqueles que se sinten a gusto no voluntarismo da identidade que o capitalismo e o imperio nos suxiren.

Tamén se comentou que o libro é profundamente denso e polémico, de aí que xurdira ese intenso debate. Non faltaron as múltiples alusións a autores, citas, xiros -explícitos e implícitos-, dando ao debate e ao libro unha potencia discursiva intensa, con moitas reflexións imprescindibles para pensar o presente.

Os contertulios si que asentían á crítica de Lorenzo sobre a falta de humor, ledicia e afirmación festiva. É dicir, que se pensamos nas tres transformacións das que falaba Nietzsche (camello, león, neno); estes tipos fican no león, non son quen de transformarse en neno. Isto podería deberse a que esta transformación eliminaría calquera vontade crítica, implicaría unha indiferencia cara o político que non poderían aturar. O mesmo lle pasou a Nietzsche.

Como facer?

Este político libro afonda no Como facer? Pero esta idea lévanos a recapacitar verddeiramente coas posibilidade do facer no eido local. A idea de comezar co práctica explítica. Agardaremos a ver que se pode facer dende a Costa da Morte, pero que xa quedou claro nas anteriores sesións, con pensar xa facemos. Agora tocará acción.

Próximas citas

Do cómo facer, de como operar un cambio dentro do imperio, serán tocadas nunha última sesión-coda que terá lugar no verán, probablemente a mediados de xullo. Esta sera unha sesión nocturna na que os catro poñentes do seminario analizarán o texto "A insurrección que chega", cuxa pioneira tradución están revisando e que se colgará no blog en breve.

A que falta para pechar estas 4 visións dos dous libros máis relevantes e Tiqqun, é a visión do seu organizador, Javier Turnes. Será o vindeiro 6 de xuño 2009 cando estudiemos a segunda parte desta "Introducción a la guerra civil".

Máis información

Novas sobre Tiqqun

Máis novas

Fonte

  • Javier Turnes.
  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com