|
Onte, martes 23 de maio de 2009, mantiña unha reunión o alcalde de Muxía, Félix Porto, co sector hostaleiro e co do turismo rural. A reunión serviu para dar un paso adiante na dinamización de ambos sectores, i é que a constitución de dúas novas asociacións en Muxía é unha nova máis que reseñable. Era algo, ademais, que se viña demandando dende hai anos e que nunca se foi quen de formalizar: por unha banda formouse a Asociación de Establecementos de Turismo Rural, e por outra banda creauso unha Asociación de Hostelería. O alcalde expresou a vontade do concello para manter reunións periódicas cun sector estratéxico no termo muxián, e buscou unha interlocución válida. As asociación poderán así participar na xestión de orzamentos que cheguen das Administracións, programas, ofrecendo paquetes turísticos conxuntos, sempre co apoio do Concello. Nota de prensa do Concello de Muxía EN RESPOSTA Á PROPOSTA DO ALCALDE DE MUXÍA REUNIDO CO SECTOR CONSTITÚENSE UNHA ASOCIACIÓN DE TURISMO RURAL E UNHA ASOCIACIÓN DE HOSTELERÍA Hoxe, martes, o alcalde de Muxía reuniuse cos sectores de turismo rural e hostelería do Concello de Muxía. Na reunión da mañán os convocados eran os establecementos de turismo rural e pola tarde foi o turno para bares e restaurantes. En ámbalas dúas reunión o Alcalde dirixiuse aos asistentes informando de que dende o Concello hai a vontade de facer unha serie de reunións sectoriais para poder atender ás necesidades que se plantexan dende diversos ámbitos. Este primeiro contacto cos propietarios de establecementos de Turismo Rural e hostelería tiña o obxectivo de buscar unha interlocución válida entre os sectores e o Concello. Na reunión co turismo rural O Alcalde sinalou que é consciente que dende este sector existe xa unha unión e unha concienciación que facilite o traballo común, e aproveitou a ocasión para dar a noraboa aos asistentes pola calidade dos seus establecementos e pola boa disposición mostrada sempre, sendo un sector que merece recoñecemento como bandeira de calidade do noso concello sabendo o grande esforzo económico que todos os propietarios fixeron para a forte inversión que necesitou a posta en marcha destes establecementos. Espazos recuperados Aproveitou a ocasión para nomear algúns dos proxectos que xa están aprobados como a recuperación da zona de Viseo co arranxo de fontes, lavadoiros e a creación dunha area recreativa, a primeira ruta de senderismo homologada que saíndo de Muxía ligará os miradores do Corpiño, Facho, Nemiña…, actuacións nos areais e contorno (como é a actuación na Praia dos Muíños, recuperación da Fonte da Tella e muíños do Río Negro), restauración do Santuario e reitoral, …, trátase, en fin,dunha serie de actuacións para a posta en valor do patrimonio natural , arquitectónico e etnográfico. Todo este traballo que se está facendo xa dende o Concello e outros proxectos que van comezar a rodar (como o proxecto Buserana de recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial que será presentado o sábado 16 de maio), forma parte dunha infraestrutura que servirá como recurso de fomento e calidade para o turismo e que ha de canalizarse e difundirse coa colaboración dos establecementos hosteleiros. Creación das asociacións Por todo o dito, a proposta que o Alcalde trasladou aos asistentes foi a creación dunha asociación de Turismo Rural que os agrupe a todos, para así poder atender demandas e necesidades conxuntas e aproveitar programas, O Concello pónse a disposición dos asistentes para dar os primeiros pasos na creación desa asociación que sexa nexo de unión entre o sector e o Concello de Muxía, dado que aínda que xa existen asociacións supracomarcais elo non supón impedimento algún para que haxa unha asociación de ámbito local. Dita asociación podería así participar na xestión de cartos que cheguen das Administracións, programas, ofrecer paquetes turísticos conxuntos tendo o apoio do Concello naquelas xestións que eles non podan facer ou para aqueles programas aos que non podan acceder sen a axuda da administración local. Acordouse preparar os estatutos integrando a todos os membros nuha directiva entendida como mesa de traballo. A reunión da tarde co sector da hostelería foi na mesma liña. Logo de presentar os proxectos en marcha, o Alcalde puxo a disposición dos asistentes todo o asesoramento técnico e medios ao seu alcance para levar á práctica a constitución dunha asociación que se constitúa en voceiro do sector e que leve a cabo iniciativas que aproveiten todos os proxectos que o Concello xa ten en marcha e outros que dende a asociación se poidan suxerir. Na reunión constituíuse xa a comisión xestora da asociación e cóntase xa con 16 establecementos asociados, o Concello non escatimará recursos para conseguir que haxa máis establecementos asociados e que todos poidan beneficiarse das iniciativas que saian desta nova entidade. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Muxía.
|