Luns, 06 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Dous imputados en Dumbría por poñer trampas a animais salvaxes  Correo-e
jueves, 14 de mayo do 2009
Image

As barbaridades que facemos neste país ás veces superan a ficción. Xa puidemos ver como algún desalcado colgaba un moucho ou como algún cazador preocúpase de matar aos cans no canto dos animais cinexéticos.

O suceso ocorreu en Dumbría, nunhas leiras que xa estaban vixiadas dende hai un mes cando un veciño denunciou a presencia de varios lazos de aceiro supostamente destinados á caza ilegal. Poucos días despois eran achados na mesma zona dous xabaril falecidos, á vez que se continuaban localizando novos lazos.

Os Axentes da Garda Civil desactivaban as trampas, pero os supostos culpables volveron a activalas. Ese mesmo día, os axentes atopaban as estampas, que vemos na imaxe, un novo xabaril e un lobo, especie actualmente protexida.

Nota de prensa da Garda CivilImage

  • Os imputados colocaran nunha leira da súa propiedade varios lazos de aceiro cos que cazaran polo menos un lobo e tres xabaril.
  • A Garda Civil imputa a dous homes a suposta comisión dun delito contra a flora e a fauna
  • Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Corcubión, coa colaboración previa e fundamental de efectivos da Consellería de Medio Ambiente, imputaron onte mesmo a dous homes domiciliados no municipio de Dumbría a suposta comisión dun delito contra a flora e a fauna.

    Os primeiros indicios sobre este suposto feito delituoso chegaba fai aproximadamente un mes, tras detectarse nunha leira sita no municipio de Dumbría varios lazos de aceiro supostamente destinados á caza ilegal.

    Poucos días despois eran achados na mesma zona dous xabaril falecidos, á vez que se continuaban localizando novos lazos de idéntica natureza que os primeiros, algúns deles colocados en carreiros que evidenciaban un perfecto coñecemento da zona e dos movementos dos animais salvaxes.

    A vixilancia exercida tanto pola Garda Civil, a través do seu Servizo de Protección da Natureza, como por persoal da Consellería de Medio Ambiente, permitiu que nos días seguintes constatásese que os supostos responsables deste feito volveran a armar os lazos que os axentes desmontaran para deixalos inoperativos, á vez que se descubrían un novo xabaril e un lobo, especie actualmente protexida.

    Finalmente, e valéndose de medios tecnolóxicos, foi posible a plena identificación e implicación destas persoas, aos que os axentes xa sorprenderan na zona dos feitos aínda que en faenas agrícolas e en todo caso alleas á actividade delituosa que se lles imputou.

    Os imputados atópanse actualmente en situación de liberdade con cargos, e en todo caso a disposición da autoridade xudicial.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa da Garda Civil.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com