Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Cee xa ten gañadores dos concursos das Letras Galegas  Correo-e
jueves, 14 de mayo do 2009

As actividades que artellou o Concello de Cee co gallo do Día das Letras Galegas, darán comenzo este venres 15 de maio. Será ás 18.00 horas no Salón de Actos do Concello coa entrega dos premios correspondentes á XVIII edición do Concurso de Achegamento ó Libro da Biblioteca Pública Municipal, así como ó X Concurso de Achegamento ó Teatro e ó V Concurso “En busca do noso marcapáxinas”.

En total, 345 participantes, de diferentes centros educativos da comarca, salientando a participación de alumnos dos colexios Eugenio López e Manuela Rial de Cee, San Crimenzo do Pindo, Colexio Santa Eulalia de Dumbria, así como do I.E.S Ramón Caamaño de Muxia, e I.E.S. Fin do Camiño de Fisterra.

V CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS”Image

A obra gañadora foi: “Ler e voar…todo é comenzar” de Nerea Mouzo Iglesias do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras:

  • “A lúa” de Jessica Santos Pereira, do C.E.I.P. de Dumbría
  • “Un libro, boa chave…” de Fátima López López do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “Ler é unha forma de divertirse” de Victoria Pazos Delgado, do Colexio “Eugenio López” de Cee
  • “Para todos un libro” de Manuel Atán Rodríguez do Colexio do Pindo. (na imaxe vemos o vencedor da edición do ano pasado, "Protexe a túa mente")

XVIII CONCURSO LITERARIO DE “ACHEGAMENTO Ó LIBRO”

A Biblioteca Pública Municipal “Don Francisco Mayán” do Concello de Cee, fai público o veredicto do XVIII CONCURSO LITERARIO DE ACHEGAMENTO Ó LIBRO.

O xurado estivo composto por Montserrat Outes Velay (Educadora Familiar do Concello de Cee), Teodomiro Lamela Rodeiro (Responsable das Axencias de lectura de Ameixenda e Brens), Victor Manuel Castiñeira Castro (Técnico de Cultura do Concello de Cee), José Ramón Rey Senra (Responsable da Biblioteca Pública Municipal “Don Francisco Mayán” do Concello de Cee), e actuando como secretaria, Mª Junquera Cambeiro Tarrela (Concelleira de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee).

Os premios foron os seguintes:

A obra gañadora do 1º Ciclo de Primaria foi: “A caixa máxica” de Francisco Rey Fernández, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras:

  • “O neno e o seu libro” de Nicole Vilela Soneira (Colexio “Eugenio López” de Cee).
  • “A albóndiga xigante” de Xulián Dios Cores (Colexio “Eugenio López” de Cee).
  • “Encerradas na Biblioteca” de Mirian Castro González (C.E.I.P. do Pindo)
  • “Un monstro no Colexio” de Lara Trillo Caamaño (C.E.I.P. do Pindo).
  • “O Libro estraño” de Erica Rodríguez Martínez (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee).
  • Por pouco pecha a Biblioteca” de Paula Trinidad Leo (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee).

A obra gañadora do 2º Ciclo de Primaria foi: “Problema no mundo dos contos” de Paula Casais Beiro, do C.E.I.P. do Pindo.

Recibindo accésits as obras:

  • “Como aprendemos grazas aos libros” de José Manuel Pampín González, do C.E.I.P. de Dumbría.
  • “Descubre o maravilloso mundo da lectura” de Noelia González Díaz, do C.E.I.P. de Dumbría.
  • “Os animais e os libros” de Iván Fernández Belmonte, do C.E.I.P. “Eugenio López” de Cee.
  • “O libro impresionante” de Carlos González Riveiro, do C.E.I.P. do Pindo
  • “O tesouro dos libros de ouro” de Lucía Paz Chao (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee).
  • “O libro máxico” de Carmén Ramón Fernández (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee).

A obra gañadora do 3º Ciclo de Primaria foi: “O rato bibliotecario” de Dana Rodríguez Lado, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras:

  • “O libro de animais” de Samanta Túñez Keieburg do Colexio “Santa Eulalia” de Dumbría
  • “¿Isto que é, un neno ou un libro” de Claudia Lado Sendón, do C.EI.P. do Pindo
  • “O trío de ases” de Aida Maceiras Porrúa.
  • “As letras” de Mónica Paz Insúa (Colexio “Eugenio López” de Cee)
  • “Un soño de conto” de María Trillo Caamaño (Colexio “Eugenio López” de Cee)
  • “Ségueme” de Isabel Sixto Lago (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee).
  • “O remedio do Tío Marcelino” de Ainhoa Conde Castro (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee).

A obra gañadora do 1º Ciclo da E.S.O. foi: “Un libro cara outro mundo” de Soraya Sendón Lago, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras:

  • “Detrás das apariencias” de Vanesa Lado Pazos, do I.E.S. “Ramón Caamaño” de Muxía.
  • “Contos da casa” de Elena López Díaz
  • “Os libros conto-reflexión” de Noemí Riveiro Manteiga, sendo ambas, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

A obra gañadora do 2º Ciclo da E.S.O. foi: “A avoa” de Ainara Louzán Canosa, do I.E.S. “Fin do Camiño”, de Fisterra.

Recibindo accesit as obras:

  • “O meu oasis” de Andrea Trinidad Leo
  • "Arredor da lectura” de Alejandro Costa Mouzo
  • “O neno lector” de Javier Corbelle López, sendo todas do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

X CONCURSO LITERARIO DE “ACHEGAMENTO Ó TEATRO”

A obra gañadora foi: “O guión perdido” de Sarah González Mancha, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee

Recibindo accésits as obras:

  • "Os libros contraatacan” de Rafael Hermida Mayán (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee)
  • “Grupo musical Palm” de Iria López Vidal (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee)

Teatro deL ANDAMIO: “O MONSTRO DO CASTELO” Image

Continuarán as actividades o sábado 16 de maio, coa representación teatral de O MONSTRO DO CASTELO a cargo da compañía Teatro del Andamio.Será ás 19.30 horas no Salón de Actos do Concello e a entrada tera o prezo habitual: 1, 5 euros a bonificada e 2.5 euros a xeral.

Sinopse

Iago, un repartidor de pizza, ten que entregar unha grande de “mozzarela e chourizo” nun enderezo. Perdido, atopa dous vendedores do top-manta que en realidade son unhas bruxas no paro. Elas, que tamén van ao mesmo enderezo, esperan a que abran a porta do Castelo..., pero no interior espéraos o Monstro para comelos aos tres e á pizza, por suposto. Despois de escenas de terror e rap, saberemos cal é o segredo do monstro do castelo.

Concurso de pintura

Finalmente, o domingo 17 de maio, día das Letras Galegas, a partir das 19.30 horas, no Salón de Plenos do Concello darase a coñecer o fallo do xurado do VI Concurso de Pintura, que este ano reparte 2.500 euros en premios. Nesta edición presentaronse a concurso 23 obras de diferentes autores da Costa da Morte asi como doutras localidades galegas e doutras partes do estado español.

Novas relacionadas

Actividades no Día das Letras Galegas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee, da man de Víctor Castiñeira.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com