|
Chegando a data de celebración do Día das Letras Galegas, que este ano rememora a figura de Ramón Piñeiro.dende a Concellería de Benestar Social, Cultura e Protección Civil, deste Concello, organizan unha semana chea de actividades para todos os veciños e veciñas de Laxe. Plantexamos estas actividades, porque queremos seguir amosando un firme compromiso coa lingua galega e coa promoción da lectura, xuntando por unha banda a posta en valor das manifestacións culturais dos nosos veciños, a animación á lectura, a promoción da lingua galega… e por outra, dinamizar espazos informais de expresión cultural. As actividade programadas para esta semana cultural son: - Venres 15, polá mañá, contacontos nas Escolas Unitarias de A Torre e Traba.
- Sábado 16, ás 22 horas, no Café-Bar A Ventana, Café con Letras. Consistie nunha repichoca de textos de poesía, prosa, teatro e música, levada a cabo polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro, destinada ao público familiar.
- Domingo 17, ás 18:30 horas, Letras Máxicas, a cargo do mago Cayetano Lledó, no patio cuberto das antigas escolas infantís, sempre que aclimatoloxía o permita, de non seren así , desenvolverase no Salón de Actos.
- Venres 22, ás 12 horas, no C.P.I. Cabo da Area, Taetrap@, actuación para o alumnado de secundaria a cargo do grupo de teatro do Instituto de Baio Feminino Plural, coa obra en clave de comedia “Drácula” de Bram Stoker.
Actividades no Día das Letras Galegas
|