|
Este domingo é o Día das Letras Galegas. Este ano o homenaxeado, ademais do noso idioma, é o xornalista Ramón Piñeiro, e na Costa da Morte, feudo onde o galego aínda ten unha presencia cotiá real, celebramos o día por todo o alto. Todos os concellos ofrecen unha morea de actividades. Fin de semana cargado de actividades en Ponteceso Este venres 15 de maio ás 22.00h, dentro do programa das Festiletras 2009, na Fundación "Eduardo Pondal" será presentado o libro-cedé Acordeón Mariñeiro dos Hermanos Moreira de Tella, os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón. Antes, A asociación Montebranco, que onte contaba cun especatcular Carlos Blanco, organiza nO Couto unha sesión teatro en familia con Trécola Teatro: A obra será O número 8 da rúa dos contos. Ás 21:00, antes da presentación do libro, García de Dios ke te crew fará un obradoiro para nenos: "Da regueifa ó hiphop coa retranca de Calviño". Mañá haberá programa en directo de RadioVoz e sesión de teatro infantil pola tare, mentres que o domingo pechan as actividades da Festa das Letras coa actuación de música e danza tradicional da Asociación Raigañas de Cerqueda. Homenaxe ós Lancheiros de Neaño A Asociación "O Fol" de Neaño celebra este 17 de maio a súa festa homenaxe ós Lancheiros. Será na praza e no local social de Neaño (Cesullas). Durante todo o día levaránse a cabo as seguintes actividades: Exposición e demostracións de artesanía do Liño; Exposición e venta de cerámica de Buño; Exposición de cestería de Limiñoa (Cores); Labores, encaixe, pintura; Mercadillo a beneficio de Cáritas Cesullas; e Sorteo de diversas pezas de artesanía e pintura. Pola tarde, as 17.00 h. comezará a homenaxe ós nosos lancheiros. Tamén actuarán os grupos da Asociación O Fol, as cantareiras “As Fiandeiras” e os diferentes grupos de baile infantil. Arredor das 18.30 h. o grupo folk “Fol de Veneno” porá o fin de festa. Durante todo o día unha taberna atenderá ós visitantes, con degustación de callos no aperitivo. Entrega de premios e teatro en Cee Hoxe venres, ás 18.00 horas no Salón de Actos do Concello de Cee celébrase a entrega dos premios correspondentes á XVIII edición do Concurso de Achegamento ó Libro da Biblioteca Pública Municipal, así como ó X Concurso de Achegamento ó Teatro e ó V Concurso “En busca do noso marcapáxinas”. A axenda cultural continúa en Cee cos Sábados en familia. o sábado 16 de maio, toca representación teatral de O MONSTRO DO CASTELO a cargo da compañía Teatro del Andamio.Será ás 19.30 horas no Salón de Actos do Concello e a entrada tera o prezo habitual: 1, 5 euros a bonificada e 2.5 euros a xeral. E finalmente, o domingo 17 de maio, día das Letras Galegas, a partir das 19.30 horas, no Salón de Plenos do Concello darase a coñecer o fallo do xurado do VI Concurso de Pintura Exposición na Escola de Música de Cee A Asociación de nais e pais ANPA Uxío, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Cee e da Escola de Música de Cee, vén de preparar unha exposición de acuarelas. As obras pertencen aos alumnos do pintor acuarelista Luis Guillermo Guerra, do que xa viramos as súas obras sobre a Costa da Morte en Corcubión.A inauguración será o venres 15 de maio ás 19:00h, na escola Municipal de Música. O acto será amenizado por un grupo de musica en directo, cortesía da Escola Municipal de Música. As letras debátense en Corcubión O propio domingo 17 de maio, dia das letras galegas, ás 12:30h da mañá no Cárcere Vello de Corcubión, celébrase unha sesión de análise da situación da lingua galega.A xornada de reflexión comezará coa proxección dun documental máis que interesante: Linguas cruzadas, onde analízase a situación do galego dende varios primas, facendo un especial fincapé na mocidade das vilas do país. Pasarán a escea os poñentes que farán relatorios sobre a situación do galego nos sectores das novas tecnoloxías, do ensino e da administración Corcubión analiza a situación do galego en diferentes sectoresII Maio Solidario de Corcubión Non para o II Maio Sollidario de Corubión. A semana pasada tocaba viaxe doble, de Cabo Verde ao Mar de Xapón, e este venres toca de novo África, e imos ver unha das caras máis duras deste marabilloso continente. Da man do xornalista da TVE Xaquín López, botaremos unha ollada á situación da explotación e escravitude infantil no Golfo de Guinea, de Benín ás plantacións de cacao de Costa de Marfil.. A cita será o vindeiro venres 15 ás 20:00 hs no Cárcere Vello de Corcubión. Letras en Zas O domingo 17 de maio celebrarase a Entrega de Premios do Concurso de Marcapáxinas, no Centro Socio-cultural (18.00 h). E despois haberá Foliada Tradicional, coa participación do Grupo Churía e Merenda Saudable (18.30 h). Semana Cultural de Corme A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme tamén tenunha fin de semana cargada. Hoxe, ás 18:00 SUso Lista lerá varios dos seus relatos costumistas. Para mañá sabado, logo dunha demostración de redeiras, construirianse títeres, hberá pasarrúas e Xurxo Martínez Crespo ofrecerá unha charla sobre José María Mosqueira Manso. A Coral Brisas do Mar de Corme pechará a velada. Para o domingo toca demostración de cestería con Jesús , o cesteiro de Tallo, e conferencia do traxe tradicional de Traba de Laxe. Letras regueifeiras en Muxía O programa cultural muxián abrangue moitos eidos, e servirá para presentar varios proxectos artellados dende o concello, como para montar algo de festa. Entre as actidades destacamos un espectáculo de regueifas, que terá lugar o domingo. Mañá sábado haberá a Presentación do programa “Descubre Muxía” de Xan Fernández , no Salón do Voluntariado, ás 12:00 horas e a do “Proxecto Buserana”. Homenaxe en Vimianzo O domingo 17 de maio ás 5 da tarde na Casa da Cultura actuarán os nenos das Escolas Municipais de teatro coas obras que estiveron preparando durante todo curso. Baixo a dirección de Toño Casais pódense ver as seguintes pezas: O grupo de teatro de Carantoña coa obra titulada "A Mazá", o grupo de Baiñas coa obra "Os dentes do Diaño", o grupo de Vimianzo coa obra "Por arte de Maxia", e o grupo de Carnés "O lobishome". Asociación O Castelo de VimianzoA asociación O Castelo de Vimianzo programou como actividade especial no mes das letras un ENCONTRO CAS LETRAS. Está revisto para este sábado día 16 de maio ás 19:00 horas no Centro Cultural de Carnés, un Coloquio sobre Ramón Piñeiro, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Ademais, a Xornada CARNÉS NA MEMORIA levaranos a ver a historia da parroquia, cunha proxección de vídeo e fotos antigas. Para rematar, haberá unha actuación das pandereteiras de Carnés. Semana das Letras en Fisterra Hoxe venres 15 de maio, hai preparado un taller de "Coñecemento de símbolos da nosa terra", que tratará de recuperar a bandeira, o escudo e o hinmo galegos entre os mais pequenos do concello. O sábado 16 de maio disfrutaremos da obra de "Ti e mais eu teatro": "O cadro do espanatallo". Será ás 19:30h na Casa da Cultura de Sardiñeiro. E o propio dia das Letras Galegas, servirá para clausurar a exposición no Faro de Fisterra sobre o xornalista homenaxeado, Ramón Piñeiro. Letras en Laxe As actividade programadas para esta semana cultural son: - Venres 15, polá mañá, contacontos nas Escolas Unitarias de A Torre e Traba.
- Sábado 16, ás 22 horas, no Café-Bar A Ventana, Café con Letras. Consistie nunha repichoca de textos de poesía, prosa, teatro e música, levada a cabo polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro, destinada ao público familiar.
- Domingo 17, ás 18:30 horas, Letras Máxicas, a cargo do mago Cayetano Lledó, no patio cuberto das antigas escolas infantís, sempre que aclimatoloxía o permita, de non seren así , desenvolverase no Salón de Actos.
Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|