|

Corcubión volveu levar á Costa de viaxe polos puntos máis conflitivos do mundo. As xentes máis implicadas de toda a Costa non faltan á cita semanal con este II Maio Solidario, que xa é toda unha referencia en toda a zona. Eran case que medio centenar os que se xuntaron no Cárcere Vello de Corcubión para montar no autobús da ruta dos nenos escravos con Xaquín López, e o seu libro "Las fronteras se cruzan de noche". O xornalista da TVE explicou o "como se fixo" o libro, e as aventuras que pasou para recadar toda a información que cabe nel. non se parou tanto no contido, que para iso xa se puido mercar e ler cada un en cadansúa casa. Queremos destacar a importancia destas actividdes, que dinamizan e de que xeito a Costa da Morte. Vese que hai asociacións que traballan, e que traballan ben e dúas delas conflúen neste mes de maio coas súas actividades estrellas do ano: A Universidade Popular de Corcubión con este Maio Solidario e a Asociación Montebranco do Couto coa Festa das Letras. Nota de prensa da Universidade Popular de Corcubión Este pasado venres 15 de maio de 2009, as xornadas do II Maio Solidario de Corcubión, que organiza a Asociación Universidade Popular, levounos ata o corazón de África. Foi o xornalista da TVE Xaquín López quen presentou o seu libro "Las fronteras se cruzan de noche", percorrendo varios países dende Benin a Costa de Marfil pola ruta dos nenos escravos. Case que medio centenar de persoas acodiron ao Cárcere Vello de Corcubión, e de paso, mercaron algún produto de comercio xusto, moi difíciles de atopar na zona. A tenda permanecerá aberta no mesmo cárecere as fins de semana en horario de 12:00h a 14:00h e de 18:00 a 20:00. O chantadino Xaquín López centrou a charla explicando o semente do libro, o como se fixo, máis alá do contido expreso, que para iso xa trouxo varios libros que se venderon moi ben. Con el emprendimos unha viaxe con 3 nenos escravos dende Benin ata os campos de cacao de Costa de Marfil. Para elo, Xaquín e a súa muller contactaron cun traficante de nenos. Un concepto complicado este, porque a visión que hai do tráfico de nenos nestes países é completamente distinto ao que temos nas nosas sociedades. Agustín fóra un neno escravo, e cos anos, o único oficio que aprendeu, ademais de cavar e peneirar area, é o de traficante de nenos. Así o explicaba Xaquín, que apunta a poligamia como outro dos tumores da sociedade da zona. "Un home que ten 5 ou 10 mulleres, pode chegar a ter 25 fillos, imposibles de manter", así de crúa é a realidade de Benin, onde os propios clans deciden que nenos vender. Xaquín repasou como foi artellando o libro a través de varias viaxes a Benin, Costa de Marfil e Nixeria, por onde vai a segunda ruta dos nenos escravos da áfrica occidental. O debate foi frutífero e os asistentes preguntaron pola cara máis persoal dunhas viaxes coma estas. O xornalista tirando de vocación, asume que a vida é como é, e que el loita dende a información, que é o único que pode facer dende a súa profesión de xornalista. Máis información Programa Novas relacionadas Fonte
|